A arte do rexistro sonoro en Galicia: dispositivos, espazos e personaxes

Xornada.

A arte do rexistro sonoro en Galicia: dispositivos, espazos e personaxes

6 de febreiro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

A arte do rexistro sonoro en Galicia: dispositivos, espazos e personaxes

6 de febreiro de 2025 Santiago de Compostela
Desde tempos inmemoriais, os seres humanos elaboraron e empregaron instrumentos, que vibraban pola forza do vento ou a auga. En distintas culturas, como a chinesa, construíronse autómatas que bailaban e producían sons, o que deu lugar á mecanización da música. A automatización levou a inventar cilindros codificados con pugas utilizados en órganos de salón, carillóns e caixas de música ou papeis perforados que eran empregados, entre outros, por pianolas. A finais do século XIX os avances científicos e técnicos desembocarían nunha vertixinosa revolución tecnolóxica que mudou a arte do rexistro sonoro e a súa reprodución.

Co obxectivo de achegarnos ao apaixonante mundo da arte do rexistro sonoro, os instrumentos, os espazos e os personaxes en Galicia, organizamos esta xornada, que dividimos en dous relatorios. No primeiro, Julio Gómez fará un itinerario pola historia do rexistro sonoro, desde Domingo Martínez de Presa (século XVII), onde os enxeños como os instrumentos de corda movidos por auga, rodas articuladas que permiten a xeración de sons, son os protagonistas, ata chegar á polifacética Ana Kiro (século XX). Ilustraranos cunha selección representativa de dispositivos de reprodución mecánica, así como dos formatos de rexistro dos máis singulares. No segundo relatorio, Carlos Martín realizará un percorrido polas demostracións fonográficas en España tras o impacto provocado pola aparición do invento de Thomas Alva Edison, antes de que se establecesen os gabinetes fonográficos, facendo fincapé en Galicia, con documentos inéditos e unha gran recompilación de novas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
A arte do rexistro sonoro en Galicia: dispositivos, espazos e personaxes
Cando
6 de febreiro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Alejo Amoedo
Organiza
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)

Imaxe da portada: Fonógrafo Bettini-Edison (1898). Cedida por Carlos Martín