Proxecto Xenoma Galicia

Xornada.

Proxecto Xenoma Galicia

13 de febreiro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Proxecto Xenoma Galicia

13 de febreiro de 2025 Santiago de Compostela
PRAZAS ESGOTADAS
Abrirase unha listaxe de agarda. As persoas interesadas en asistir poden enviar un correo a: difusion@consellodacultura.org
A medicina personalizada é un modelo médico que utiliza a caracterización dos fenotipos e xenotipos dos individuos para adaptar a estratexia terapéutica adecuada para a persoa concreta no momento adecuado e/ou para determinar a predisposición á enfermidade e/ou ofrecer unha prevención oportuna e específica. A súa implementación precisa de mecanismos de estratificación poboacional orientados ao diagnóstico e ao tratamento personalizado, como ferramenta de gran valor na provisión dunha atención proactiva, na que a prevención e a detección temperá e personalizada da enfermidade desempeña un papel fundamental.

As novas tecnoloxías xenómicas permiten levar a cabo un proceso de estratificación poboacional máis preciso, orientado á identificación da poboación con maior risco, para realizar un seguimento personalizado, implementando novos protocolos de diagnóstico temperán de enfermidades baseados en evidencia científica a partir da análise de datos individuais e poboacionais.

O proxecto Xenoma Galicia é unha iniciativa da Xunta de Galicia que aposta pola xenómica como habilitadora da medicina personalizada e como impulsora da investigación biomédica no ecosistema galego de saúde. Os seus obxectivos son secuenciar o ADN de 400 000 cidadáns e, deste xeito, poder detectar enfermidades antes de que aparezan, diagnosticalas de maneira precoz e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados, así como constituír un banco de datos xenómico e un biobanco galego de mostras biolóxicas dispoñibles para o colectivo investigador.

Nesta xornada falaremos das oportunidades que nos ofrece a medicina personalizada, así como da posta en marcha da iniciativa Xenoma Galicia.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Proxecto Xenoma Galicia
Cando
13 de febreiro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
María Brion
Anxo Carracedo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Proxecto Xenoma Galicia
Xunta de Galicia