Xornada Pensarmos
Margot Rot
INFOXICACIÓN: e se a indiferenza é unha consecuencia sistémica?
23 de xaneiro de 2025
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
INFOXICACIÓN: e se a indiferenza é unha consecuencia sistémica?
Margot Rot dialoga con Ricardo Fandiño
Margot Rot
Escritora, graduada en Filosofía pola Universidad de Oviedo, máster en Teoría e Crítica da Cultura pola Universidad Carlos III de Madrid e doutoranda do programa en Filosofía, Ciencia e Valores da Universidad del País Vasco.
En 2023 publica o seu primeiro ensaio, titulado Infoxicación. Identidad, afectos y memoria; o sobre la mutación tecnocultural, na editorial Paidós. Esta publicación lévaa a impartir charlas e conferencias relacionadas coa súa investigación. Colaborou coa Universidad de Oviedo, a Universidade de Basilea, o Festival de Málaga, o centro cultural La Perrera de Bilbao e o Museo Andaluz de la Educación, e participou no Festival de las Ideas de Madrid.
Escribiu para distintos medios de comunicación, como CTXT ou Siroco/Mag, e ten o seu propio programa de radio en Radio Primavera Sound. A súa obra narrativa e poética apareceu en distintas antoloxías e revistas.
Ricardo Fandiño
Doutor pola Universidade de Vigo, psicólogo clínico e profesor asociado do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Coordinador xeral da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA), psicoterapeuta acreditado pola Federación Española de Asociaciones de Psicoterapeutas (FEAP) e membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. É coautor dos libros La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad e Ser adolescente: ¿transición o destino?, publicados pola Editorial UOC, e tamén de Violencia adolescente en clave relacional, na Editorial Ágora.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.