Museos en positivo. Creando comunidade

Xornada.

Museos en positivo. Creando comunidade

26 de novembro de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

Museos en positivo. Creando comunidade

26 de novembro de 2024 Santiago de Compostela
Os museos son institucións culturais receptivas e flexibles cun gran poder de sedución que procuran influír positivamente na sociedade. Son lugares que xeran lecer e cultura, dotados dunha capacidade de atracción única para desenvolver múltiples aspectos sociais, crear comunidade e implantar valores e vínculos entre o patrimonio cultural e as persoas. En definitiva, os museos son grandes impulsores do cambio social e por ese motivo asumen todo tipo de iniciativas e actuacións que, ligadas ao coñecemento e á divulgación do patrimonio histórico artístico, permiten potenciar a inclusión e a cohesión comunitarias ben co gozo dos seus propios espazos, ben coa rotura de barreiras arquitectónicas tratando de se proxectar ao exterior e entrar en contacto directo coa súa contorna.

Os museos, alén diso, transformaron o seu pasado; desde considerarse meras institucións estáticas, pasaron a orientarse cara ao espectáculo das grandes exposicións, cara ao turismo de masas ou cara á presenza de grandes espazos arquitectónicos e, hoxe, a sociedade reclámalles máis proximidade e accesibilidade. Parece que chegou a hora de regresar ao espazo de acción do museo e á súa relación co ser humano, de lles devolver o protagonismo ás persoas, á comunidade e á recuperación do lugar patrimonial e cultural comúns, tal e como reflicten as teorías museolóxicas actuais.

A nova definición de ‘museo’ aprobada polo ICOM introduce conceptos novos como os de inclusión, diversidade, sustentabilidade, participación, accesibilidade e cooperación das comunidades. Isto constitúe un indicativo do poder de actuación da institución museística para mellorar a cohesión social e evidencia, ademais, a súa propia capacidade de evolución e transformación.

Esta xornada pretende profundar na forma en que os museos, como entes institucionais, se relacionan coa súa comunidade e co seu territorio presentando actuacións innovadoras e exemplos de boas prácticas que levaron a cabo algúns deles en certo momento da súa constitución, crecemento e desenvolvemento a fin de superar diferentes obstáculos e situacións adversas, xa consistisen en establecer redes con outros museos ou en deseñar proxectos en colaboración coa súa comunidade. Tamén intentaremos profundar na propia realidade museística de Galicia, mediante a participación directa de distintos representantes de museos galegos que nos falarán das súas actuacións, de retos, de problemáticas e de estratexias para seguir.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada previa solicitude.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Museos en positivo. Creando comunidade
Cando
26 de novembro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Consello Galego de Museos
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello Galego de Museos