Xornada - Soster o noso. O patrimonio cultural do rural. 14 e 15 de novembro de 2024

Soster o noso. O patrimonio cultural do rural

Xornada

Soster o noso. O patrimonio cultural do rural

14 e 15 de novembro de 2024
Navia de Suarna
Xornada

Soster o noso. O patrimonio cultural do rural

14 e 15 de novembro de 2024 Navia de Suarna
No Semana Internacional do Patrimonio Cultural, a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega organiza o 14 e o 15 de novembro de 2024 unhas xornadas de traballo en Navia de Suarna (Lugo) sobre o patrimonio rural, a súa conservación e a súa relación co desenvolvemento deses territorios O encontro centrarase en buscar vías para manter, divulgar e entender o patrimonio como un elemento identitario e dinamizador desa contorna a través de distintas liñas de traballo que comprenden dende o vínculo das sociedades rurais co seu patrimonio cultural, a participación social activa no seu recoñecemento e salvagarda ata a súa condición de factor e motor dun desenvolvemento social, económico e cultural sostible.

Esta actividade está estruturada en dous días co formato de mesas colaborativas. O primeiro día asisten persoas representantes das asociacións culturais da zona e das iniciativas participativas de mantemento e recollida de patrimonio e tamén axentes implicados nestas tarefas e en actividades económicas que contribúen á salvagarda dos valores territoriais.

O segundo día interveñen pola mañá as administracións e, pola tarde, debaterase dende os ámbitos do patrimonio arquitectónico, etnográfico, inmaterial, paisaxístico e da memoria, para rematar coa recollida de conclusións e de propostas aplicables á conservación e divulgación do patrimonio que resignifiquen o rural. Non debemos esquecer que o patrimonio arquitectónico, inmaterial, etnográfico, a paisaxe, os arquivos ou a memoria colectiva dos concellos rurais precisan de iniciativas en que estean implicadas as administracións, a comunidade e as entidades privadas.

Crear un diálogo construtivo que permita elaborar propostas para conseguir sustentar un patrimonio pegado ao territorio, próximo á cidadanía e que constitúa un motor de progreso e de implicación cívica é o obxectivo que pretendemos acadar.
Ficha técnica 
Xornada
Soster o noso. O patrimonio cultural do rural
Cando
14 e 15 de novembro de 2024
Onde
Navia de Suarna
Lugar

Casa do Concello
Navia de Suarna
A Praza, n°1
27650 Navia de Suarna (Lugo)

Coordinación
Olimpia López Rodríguez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Concello de Navia de Suarna