El emigrado

Repertorio da prensa da emigración galega

El emigrado

1935: Propiedad de la Soc. «Hijos del Ayuntamiento de La Estrada» en Cuba

Mércores, 23 de outubro de 2024
consellodacultura.gal
Difusión
Repertorio da prensa da emigración galega

El emigrado

1935: Propiedad de la Soc. «Hijos del Ayuntamiento de La Estrada» en Cuba

consellodacultura.gal

El emigrado

Repertorio da prensa da emigración galega

O xornal El emigrado, editado pola Sociedad Hijos del Ayuntamiento de la Estrada en Cuba, xa forma parte do Repertorio da prensa da emigración galega, unha iniciativa do Arquivo da Emigración Galega (AEG) dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). Nesta ocasión súbense 57 exemplares editados entre 1923 e 1924. Nas súas páxinas colaboraron persoeiros como Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Villar Ponte, Antón Losada Diéguez, Basilio Álvarez ou Enrique Labarta Pose.
Nesta entrega incorpóranse 57 exemplares dunha publicación que se fundou no concello da Estrada grazas ao apoio das sociedades de emigrantes desa comarca en países como Cuba ou Arxentina. O xornal nace en 1923 coa vontade “de defender los sagrados derechos de nuestra Galicia idolatrada, a unir en estrecho haz a todos los estradenses emigrados y a defenderlos de las innumerables explotaciones de que en su odisea son objeto”; así, segundo recolle o propio resumo do xornal, elaborado polo CCG, El emigrado tiña por obxectivo “enterarlos en lo posible de todo lo que aquí pase, y a enterar también a los de aquí de lo que sucede en las colonias estradenses por el mundo diseminadas, es a lo que nosotros venimos”. Deixou de editarse en 1940.

A publicación estradense trata, de xeito predominante, os temas en relación coa emigración dos emigrantes estradenses en xeral e toca, ademais, temas políticos como foron no seu día o agrarismo. Nesa liña colaboraron representantes como Basilio Álvarez, o coñecido cura agrarista. O xornal tamén expón temáticas de índole local e rexional, ademais daquelas chegadas dos países americanos nos que recuncaron un maior número de paisanos da vila. Neste sentido, pódense ler opinións respecto do fenómeno da emigración, así como columnas asinadas por autores como Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, entre máis persoeiros. Xunto coas pezas opinativas tamén constaban seccións dedicadas á literatura, sobre todo aos xéneros do conto e da poesía.

O Repertorio da prensa da emigración galega
Como resultado dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace no ano 1998 o Repertorio da prensa da emigración galega. Trátase dunha iniciativa que procura divulgar o patrimonio documental producido pola comunidade galega na diáspora e que, hoxe en día, é actualizado polo Arquivo da Emigración Galega do CCG. Neste proxecto faise unha recompilación dunha relación das publicacións galegas, entre as cales constan boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais e demais, que foron editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por figuras senlleiras da colectividade galega. Malia que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición do público para seren consultados en liña no web institucional.
 
Difusión.
Repertorio da prensa da emigración galega
El emigrado
1935: Propiedad de la Soc. «Hijos del Ayuntamiento de La Estrada» en Cuba
Data de publicación
Mércores, 23 de outubro de 2024
Onde
consellodacultura.gal
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)