Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
28 de novembro de 2024Santiago de Compostela
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa en 2024 para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
18:15 horas O murmurio da auga: daquelas fontes a estes lodos. María Belmonte Barrenetxea dialoga con Ana Gloria Rodríguez Alonso
María Belmonte Barrenetxea
Estudou Historia na Universidad de Deusto/Deustuko Unibertsitatea e Antropoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. En 1995 doutorouse no Departamento de Filosofía dos Valores e Antropoloxía Social da Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea cunha tese sobre a historia das relixións. Exerce profesionalmente como tradutora técnico-literaria e intérprete. Colabora en diversas revistas literarias e medios de prensa escrita, como La Vanguardia. En calidade de autora publicou Peregrinos de la belleza. Viajeros por Italia y Grecia (2015), Los senderos del mar. Un viaje a pie (2017), En tierra de Dioniso. Vagabundeos por el norte de Grecia (2021) e El murmullo del agua. Fuentes, jardines y divinidades acuáticas (2024), todos na Editorial Acantilado.
Ana Gloria Rodríguez Alonso
Licenciada en Filoloxía Clásica pola USC (1989), universidade na que tamén cursou os estudos de doutoramento. Desde 1991 é profesora de ensino secundario na especialidade de Grego, actualmente no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense. Tradutora ao galego dos Elementos de Euclides, en colaboración co matemático Celso Rodríguez (Clásicos do Pensamento Universal, USC), así como da Historia de Calírroe de Caritón e as Cartas de Alcifrón (ambas na colección Vetera de Rinoceronte Editora).