Antonio Paz Valverde

Álbum de Galicia

Antonio Paz Valverde


Santiago de Compostela
Difusión
Álbum de Galicia

Antonio Paz Valverde

Santiago de Compostela

Antonio Paz Valverde

Álbum de Galicia

Antonio Paz Valverde (O Porriño, 1937-2022) foi un destacado compositor e director de coros. É autor de máis de 158 pezas, entre música relixiosa e cancións que partían de poemas de autores como Manuel María, X. M.ª Álvarez Blázquez, Cunqueiro ou Pimentel. As súas composicións asentábanse na idea de crear unha música contemporánea cunha identidade galega manifestada basicamente na lingua. Fundou a Coral Polifónica do C.R.C. do Porriño e o Orfeón Porriñés, cuxas gravacións tiveron gran repercusión internacional. A biografía, elaborada polo músico Xosé Ramón Paz Antón, súmase ao Álbum de Galicia, colección de biobibliografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).
Antonio Paz Valverde foi autor de múltiples pezas de música relixiosa e popular, ademais de compositor de cancións galegas partindo de poemas en galego e castelán. A súa entrada, alén de destacar a biografía, permite escoitar algunhas das súas composicións, así como acceder a ligazóns de varias entrevistas e a unha bibliografía complementaria.

Un director comprometido

“Un home de fina sensibilidade musical, con moi bos dotes organizativos para as masas corais e autor prolífico de obras continuamente reinterpretadas por múltiples artistas”, recolle no seu texto o músico Xosé Ramón Paz Antón, autor desta biografía no Álbum de Galicia. Trátase dun compositor que foi “un caso extremo de persoa que fuxía das loanzas, os recoñecementos e as homenaxes. O seu compromiso era coa arte”. Con máis de 158 pezas musicais no seu haber, xa que esa cifra corresponde á catalogación de 2010, Paz Valverde contribuíu notablemente á música popular galega e relixiosa, ben como creador, ben como director.

Foi cualificado polos seus mestres como un caso de “autodidactismo profesional” e dirixiu aos 14 anos o coro do Colexio dos Xesuítas de Camposancos (A Guarda). Traballou, aínda na adolescencia, con coros de Acción Católica do Porriño e con 16 anos compuxo a que se considera a súa primeira peza musical: María Teresa, para piano. No ano 1959 foi un dos fundadores da Coral Polifónica do Porriño, que actuou por vez primeira en 1960 e tivo fondo impacto na emigración arxentina, que adoptou a súa versión do Himno galego, escollendo esta por riba das propias versións dos grupos musicais da Galicia da diáspora.

En 1969 o coro porriñés realizou unha “histórica” gravación de once temas rexistrados nos estudios Fonogram, editados nun LP co título Canzón Galega, con distribución en países como Alemaña, Inglaterra, Brasil, Os EE.UU., Australia, Canadá e tamén na Arxentina. Neste país os coristas foron presentados na celebración do Día das Letras Galegas de 1971, no Centro Galego de Bos Aires. Este coro tería tamén unha fonda cobertura mediática, cunha reportaxe en 1969 para TVE, unha colaboración co programa Assim é Espanha da portuguesa Radio Clube e o emprego de cancións porriñesas nas radios relacionadas coa Galicia emigrante, como Radio Ribadavia. Paz Valverde impulsou dentro do Porriño a creación do seu Coro Infantil e, despois da súa disolución, fundou en 2004 o Orfeón Porriñés, “no que seguiu mantendo acesa a luz do canto coral e a súa propia obra compositiva”, di Paz Antón.

O compositor prolífico

No eido da canción en galego destacan, no tempo do Paz Valverde mozo, Vilancico (1960), Nouturno e Canzón do paxariño (1962), O neno dormía (1963) e Ave María (1964). Trátase de pezas “de grande interese polo seu propio valor artístico, pola época en que foron creadas, pola selección poética realizada (Manuel María, X. M.ª Álvarez Blázquez, Cunqueiro e Pimentel, entre outras voces), polo momento en que foron gravadas e comercializadas ou pola propia proposta de enfoque dunha música galega contemporánea que se anunciaba décadas antes”, remite o experto Paz Antón. O compositor, en lugar de recorrer a material folclórico, prefería “crear unha música contemporánea cunha identidade galega manifestada basicamente na lingua”, segundo Paz Antón, que referencia as obras de Eduardo Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María como base de varias cancións do compositor. Moitas das composicións deste músico foron reinterpretadas por artistas como Carlos Núñez en Os amores libres, Teresa Salgueiro en Obrigado, María Manuela en Para Miguel, María do Ceo en No bico un cantar, o grupo madrileño Rara Avis e tamén Eva Carreras, concursante de Operación Triunfo, en Aries imperfecto. Dentro da canción en castelán fixo adaptacións do romanceiro renacentista e de autores como Rafael Alberti ou Juan Ramón Jiménez. No apartado ea música relixiosa, este artista escribiu nove misas: Misa Galega (antes de 1969), Misa alabanza espiritual (1971), cunha nova versión en 2002, Misa solemne e Misa Angélica (previas a 1986), Missanova (2000) e Misseta (2001), así como outras dúas misas grafadas nun caderno sen data.

Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia é unha iniciativa do CCG para recoller na Rede as biografías de persoeiros destacados da historia galega, xunto con recursos e material dixitalizado do propio CCG, ademais de bibliografía e achegas na prensa e sitios web. O Consello procura así dar visibilidade a figuras senlleiras e xa finadas que contribuíron co seu traballo á sociedade galega. Dentro das últimas entradas, aparecen, xunto ao perfil de Paz Valverde, os do escritor Díaz Castro, o fotógrafo Joaquín Pintos, o autor Daniel Cortezón e o compositor José Torres Creo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
 
Difusión.
Álbum de Galicia
Antonio Paz Valverde
Data de publicación

Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Obxeto de estudo
Antonio Paz Valverde
Ámbito
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)