COMISARIADO

Xornada. Arte en tempo real

COMISARIADO

A arte en tempo real

30 de outubro de 2024
Santiago de Compostela
Xornada
Arte en tempo real

COMISARIADO

A arte en tempo real

30 de outubro de 2024 Santiago de Compostela
A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega organiza un ciclo para analizar o estado actual da arte na nosa comunidade. Realizarase desde a perspectiva de diferentes axentes que interveñen no seu contexto: artistas, galerías, comisariado, museos, coleccións e publicacións. O ciclo constará de cinco xornadas en que se abordarán diferentes temas para o seu estudo e reflexión.

A segunda xornada céntrase no comisariado, na percepción que dese ámbito da reflexión, divulgación, exhibición artística e acompañamento das e dos creadores teñen diferentes protagonistas do sector que responden a diversos perfís profesionais, na pretensión de nos achegarmos a visibilizar tanto a súa situación actual como os lugares de onde vimos, así como propiciarmos a análise e reflexión sobre as distintas situacións que xorden dunha práctica aínda non suficientemente dimensionada no artístico e no social en canto ás súas posibilidades e liñas de acción e interacción.

Unha sesión que arrincará co relatorio «O comisariado. Misterios e desvelos», no que Ramón Rozas analizará cuestións varias relacionadas co labor do comisariado e a súa evolución nos últimos anos como parte do proceso artístico. Ao seu remate, manterase un coloquio co título de «Perspectivas actuais sobre o comisariado e a curadoría artística en Galicia», no cal diferentes profesionais da xestión cultural e do comisariado profundarán, desde a súa propia experiencia, nas eivas do sector e nas súas posibilidades de desenvolvemento con miras a futuras prácticas. Nel participarán Santiago Olmo, Helena Mendes, Sara Donoso e Natalia Balseiro baixo a moderación de Paula Cabaleiro. Cinco nomes cunha acreditada traxectoria no campo do comisariado e cuxas olladas e reflexións permitirán obter unha excelente radiografía do sector neste momento.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada logo da solicitude previa.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
COMISARIADO
Programa en PDF
Ficha técnica 
Xornada.
Arte en tempo real
COMISARIADO
A arte en tempo real
Cando
30 de outubro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Paula Cabaleiro
Ramón Rozas
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)