Ciclo - 6º Ciclo de cinema galego-portugués: Mulleres, Patrimonios, Sociedade.. Tui, do 26 ao 28 de setembro de 2024

6º Ciclo de cinema galego-portugués: Mulleres, Patrimonios, Sociedade.

Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués Ciclo

6º Ciclo de cinema galego-portugués: Mulleres, Patrimonios, Sociedade.

Tui, do 26 ao 28 de setembro de 2024
Tui
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués

6º Ciclo de cinema galego-portugués: Mulleres, Patrimonios, Sociedade.

Tui, do 26 ao 28 de setembro de 2024 Tui
Este ciclo de cinema galego-portugués ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e Portugal. A primeira edición realizouse en Braga (Portugal) nos días 3, 10 e 17 de maio de 2018; a segunda tivo lugar en Vigo (Galicia) os días 26, 27 e 28 de setembro de 2019; a terceira edición levouse a cabo en Arcos de Valdevez (Portugal) os días 14, 15 e 16 de outubro de 2021; a cuarta edición en Verín os días 27, 28 e 29 de outubro de 2022 e centrouse no papel das mulleres no mundo da morte e da dor. e tivo unha extensión do ciclo en Salvador de Bahia (Brasil) o 29 de novembro de 2022; e a quinta edición desenvolveuse en Guimarães do 23 ao 25 de novembro, que estivo irmandada co Congresso Internacional “Uncertain Landscapes. Beyond transdisciplinary approaches” organizado polo Lab2PT (UMinho), baixo o lema Paisaxes culturais, patrimonios femininos. Este ano 2024 o lugar escollido é Tui e, se ben, priorizaremos a idea orixinal, un ciclo centrado en “Mulleres, Patrimonios e Sociedade”, este ano daremos unha especial atención á memoria histórica, as revolucións e os procesos de transición, tendo en conta a importante data do 50 aniversario da Revolução dos Cravos.

O ciclo estrutúrase en tres xornadas continuas (xoves, venres e sábado) nas que se proxectan longametraxes e curtas portuguesas, galegas e brasileiras, seguidas dun debate no que se conta coa participación das directoras e directores, integrantes da produción ou actores e actrices, unha figura representativa de algunha das institucións organizadoras para conducir o debate, e o público protagonista deste ciclo. As institucións implicadas son o Consello da Cultura Galega, a Universidade do Minho (UMinho), o Centro de Estudos Galegos, o Camões – Instituto da Cooperação e da Língua, a Universidade Federal de Salvador de Bahia, a Cámara de Valença e o Concello de Tui.
Ficha técnica 
Ciclo
Mulleres, Patrimonio, Sociedade. Ciclo de cinema galego-portugués
6º Ciclo de cinema galego-portugués: Mulleres, Patrimonios, Sociedade.
Cando
Tui, do 26 ao 28 de setembro de 2024
Onde
Tui
Lugar

Teatro Municipal, Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica)
Rúa Colón 2. 36.700 Tui | Pontevedra

Coordinación
Jose Gabriel Andrade
Noemi Basanta
Marcos Bau
Rebeca Blanco-Rotea
Alexandra Esteves
Ana Estévez
Fernanda Magalhaes
Teresa Nieto Freire
Encarna Otero
Alberto Paz Félix
Carlos Pazos
Sara Traba
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Câmara Municipal de Valença
Camões – Instituto da Cooperação e da Língua
Concello de Tui
Universidade do Minho
Universidade Federal de Salvador de Bahia
Xunta de Galicia