Os retornos da emigración galega: unha ollada multidisciplinaria

Seminario.

Os retornos da emigración galega: unha ollada multidisciplinaria

10 de outubro de 2024
Santiago de Compostela
Seminario

Os retornos da emigración galega: unha ollada multidisciplinaria

10 de outubro de 2024 Santiago de Compostela
O retorno acompaña sempre cada proceso migratorio. Ademais de no imaxinario e nos anceios das persoas emigradas, tamén ten cabida nas estatísticas, que amosan que non todos os adeuses son definitivos, e nas políticas públicas, que por veces tentan reducir o tamaño da diáspora e apoiar proxectos de reinstalación no país.

Con todo, é un fenómeno que non recibiu historicamente a atención académica que merece, sexa por desleixo, pola dificultade de obter información cuantitativa precisa ou polo carácter cada vez máis líquido e impermanente dos movementos migratorios. Por iso, o certo é que aínda fican moitas interrogantes que resolver ao redor dos procesos de retorno que afectan unha sociedade que, como a galega, experimentou varias vagas de emigración.

Neste senso, preguntámonos: cantas persoas retornan?, cal é o perfil destas persoas retornadas?, e cal o impacto económico, social e demográfico que ten o retorno en Galicia?, en que medida contribuíu ao proceso de modernización económica da sociedade galega?, cales son os proxectos, expectativas e estratexias que orientan as persoas que deciden retornar a Galicia?, que políticas se puxeron en marcha desde as administracións públicas para favorecer o retorno?, en que consisten?, son efectivas?

A través deste seminario pretendemos achegar algúns elementos de resposta a estas interrogantes a partir da posta en común dos resultados de investigacións recentes sobre o fenómeno feitas no marco das ciencias sociais.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada logo da solicitude previa.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Seminario.
Os retornos da emigración galega: unha ollada multidisciplinaria
Cando
10 de outubro de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Belén Fernández Suárez
Antía Pérez Caramés
Raúl Soutelo
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Secretaría Xeral da Emigración

Imaxe da portada: Fotografía da casa en Amoeiro mercada por Florentino e Maruja para vivenda da familia cando retornaron da emigración en Venezuela para continuar co seu proxecto de vida entre ese concello ourensán e a reemigración do marido a México. Fondo documental da familia, cortesía de Maruja Álvarez.