A xestión dos lugares de memoria da represión franquista

Xornada. Seíam'eu... en San Simón

A xestión dos lugares de memoria da represión franquista

4 de outubro de 2024
Redondela
Xornada
Seíam'eu... en San Simón

A xestión dos lugares de memoria da represión franquista

4 de outubro de 2024 Redondela
Que facer cos espazos de memoria da represión franquista en Galicia no día a día? Esta xornada tenta dar respostas e fornecer reflexións para unha cuestión básica á hora de deseñar as políticas da memoria e xestionar o acceso aos lugares que lembran un pasado incómodo: como conseguir que eses espazos sigan vivos na lembranza, como homenaxe ás vítimas, ilustración da natureza criminal da ditadura franquista e fonte de aprendizaxe para a convivencia democrática no presente e no futuro? Cales son as experiencias acuguladas en diferentes lugares de memoria emblemáticos en Galicia e noutras terras?

Nun espazo memorial tan simbólico como é a illa de San Simón, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela axuntan profesionais da historia e das políticas de memoria de diferentes institucións e puntos de Galicia, ben como de Cataluña e Navarra, para debater os aspectos máis prácticos da xestión da memoria, partindo de experiencias concretas e comparativas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (55 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Illa de San Simón
Redondela
MAÍS INFORMACIÓN
- O servizo de transporte marítimo a San Simón partirá do Porto de Meirande e regresará a ese mesmo porto unha vez concluída as sesión da tarde. Prégase ás persoas asistentes que cheguen con suficiente antelacion xa que o barco zarpará en punto a unha hora que será indicada.
- O xantar na illa será mediante un servizo de catering gratuíto para todas as persoas asistentes.
- Non haberá servizos intermedios de transporte marítimo ao continente. Calquera persoa que desexe asistir á actividade deberá estar obrigatoriamente inscrita.
www.consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Seíam'eu... en San Simón
A xestión dos lugares de memoria da represión franquista
Cando
4 de outubro de 2024
Onde
Redondela
Enderezo

Illa de San Simón
Redondela

Organiza
Concello de Redondela
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Fotografía cedida pola familia de Peregrina López Ochoa