Entender para vivir

Recital.

Entender para vivir

Mércores, 18 de setembro ás 18:30 horas
Santiago de Compostela
Recital

Entender para vivir

Mércores, 18 de setembro ás 18:30 horas Santiago de Compostela
O Consello da Cultura Galega acolle o recital "Entender ou vivir", unha homenaxe a Luísa Villalta no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.


Con motivo deste recoñecemento, o Consello da Cultura Galega editou o pasado mes de maio un volume titulado Luísa Villalta: Entender para vivir. O libro, coordinado
por Dolores Vilavedra, naceu como un espazo para o diálogo entre Luísa e un monlliño selecto de persoas que, sendo referentes no sistema cultural galego, mantiveron en vida vínculos —tan diversos como efectivos— coa autora e a súa
obra. É precisamente unha ducia destas amizades quen participa no recital para poñer voz e conversar coas letras dunha autora única que teceu lazos intelectuais e de afecto con artistas de todas as xeracións. Un diálogo polifónico que combina xornalismo, narrativa, ensaio, teatro ou poesía para nos achegar á obra dunha escritora poliédrica tanto nos temas como nos formatos e nas disciplinas artísticas abordadas.


Participan no recital:

Xosé María Álvarez Cáccamo
Estíbaliz Espinosa
Eduardo Estévez
Francisco Fernández Naval
Míriam Ferradáns
Chus Pato
Henrique Rabuñal
Román Raña
Xurxo Souto
Marga do Val
Miro Villar

Porque, como escribiu Luísa Villalta en Ruído (1995):

ENTENDER ou viver?
Eis a cuestión.
Entender, iso é o intelixíbel:
A vida non é máis que un substantivo.
Como a hora, o dia, a man e a calavera.
Pero hai algo mais, irredutíbel,
un troupeleo de masas que se axitan.
Ben pode ser o meu sangue polas veas
multiplicando-se por algo que se escapa...
O substantivo vai-se en verbo.
Desde a orixe do mundo até nós mesmos,
unicamente un transcorrer inatinxíbel
e, ao final, a escuridade indefinida.
Só nos queda loitar contra o cansazo
porque dormir non é soñar...
talvez morrer,
ese é o inconveniente.


A imaxe, titulada Irmá Luísa, Muller Faro de longa ollada foi creada pola amiga Ana Pillado Vega para o volume de homenaxe. Técnica: acrílico e bordado á man sobre unha tea antiga gardada pola súa nai Manuela. Dimensións: 48 x 42 cm



LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Recital.
Entender para vivir
Cando
Mércores, 18 de setembro ás 18:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202