Igrexa e lingua na Transición. No centenario de Alfonso Zulueta

Xornada.

Igrexa e lingua na Transición. No centenario de Alfonso Zulueta

23 de abril de 2024
Santiago de Compostela
Xornada

Igrexa e lingua na Transición. No centenario de Alfonso Zulueta

23 de abril de 2024 Santiago de Compostela
O Concilio Vaticano II, primeiramente, e o período da Transición en España, deseguido, supuxeron na sociedade e tamén na Igrexa o espertar dun mundo de inquedanzas. Unha desas inquedanzas, e non das menores, foi pola lingua. Diversos movementos e iniciativas a prol da galeguización da Igrexa tiveron moita relevancia e constituíronse na manifestación da nova conciencia que naceu na Igrexa galega. Di Xesús Ferro Ruibal en A Igrexa e a lingua galega: «Anque a estructura eclesiástica está como pasmada ante a cuestión da lingua galega, sendo case o sector menos sensible de toda a sociedade neste asunto […], sería inxusto rematar sen certifica-la existencia dun cristianismo galeguista que move varios milleiros de almas, que intenta realizar na galeguidade a súa fe […]. Trátase dun colectivo inorgánico pero amplo que conecta coa mellor tradición cristiá, que é o máis dinámico que ten a Igrexa en Galicia».

Neste contexto tivo moita importancia Alfonso Zulueta de Haz, persoa comprometida coa aculturación da Igrexa en Galicia e impulsor da empresa da tradución da Biblia ao galego dende as linguas orixinais. El mesmo di na nota editorial á terceira edición da Biblia: «Botando unha ollada cara atrás xorde o camiño percorrido desde o ano 1973 no que un grupo de laicos […] integrantes da Sociedade de Estudos Publicacións e Traballos (SEPT) decide abordar esta singular publicación a pesar da súa complexidade e dificultades de todo tipo. Mais para aqueles laicos era preciso asumir a responsabilidade da publicación en galego dos textos sagrados, dando expresión á mensaxe cristiá na propia lingua, á que tamén había que prestixiar e defender».

Esta xornada é unha oportunidade para analizar como xurdiron aquelas grandes inquedanzas a prol da galeguización da Igrexa e os movementos e iniciativas que botaron a andar, para facer un xusto recoñecemento ás persoas que tiveron un compromiso exemplar e tamén para observar o que permanece e como permanece.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Igrexa e lingua na Transición. No centenario de Alfonso Zulueta
Cando
23 de abril de 2024
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Silvestre Gómez Xurxo
Organiza
Consello da Cultura Galega

Imaxe da portada: Medalla realizada con motivo da 5ª Romaxe de Crentes Galegos. San Alberte de Roca (Lugo). 11 de setembro de 1982.