Hai un poema no teu videoxogo

Xornada

Hai un poema no teu videoxogo

Pablo Rodríguez / Branca Trigo

3 de xuño de 2023
Cangas do Morrazo
Xornada

Hai un poema no teu videoxogo

Pablo Rodríguez / Branca Trigo

3 de xuño de 2023 Cangas do Morrazo
O videoxogo elevouse nas últimas décadas como unha fermosa unión de artes, cunha capacidade de seu á hora de transmitir narrativas, emocións e relatos. O mundo non é alleo á súa evolución nin á súa forma de describir o presente, ao igual que o seu impacto na cultura popular é xa unha constante que abre portas a novas formas de expresión, experimentación e sinerxías.

A posibilidade de atopar camiños novidosos e de comprender e gozar da suma de elementos pode xerar unha mensaxe polo menos sorprendente, sobre todo cando a lírica toma o protagonismo e se mestura en contido e forma coa arte dixital.

O Consello da Cultura Galega, en colaboración co Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI), propón unha actividade nunca antes realizada no país, na que a poesía e os videoxogos buscarán nexos de unión e mesmo de ampliación, a través dun traballo de creación orixinal, elaborado para a ocasión polo poeta e cofundador de Leite Edicións Pablo Rodríguez (Os ollos das moscas [Urutau, 2021]) e mais pola poeta Branca Trigo (Ω [Malafera, 2023], Con do lore [Urutau, 2022]).

Ambos os dous propoñen un achegamento fondo entre as dúas disciplinas artísticas, e ofrecerán unha sesión diferente, en galego, única pola súa temática, que se moverá entre o recital poético e a experimentación artística.

Por outra banda, nesta mesma xornada farase entrega dos premios do reto FalAI, promocionado por Balidea e a Universidade de Vigo, na procura de voces en lingua galega coas que desenvolver proxectos de intelixencia artificial.
Ficha técnica
Xornada.
Hai un poema no teu videoxogo
Pablo Rodríguez / Branca Trigo
Data
3 de xuño de 2023
Lugar

Museo do Videoxogo de Galicia
Rúa Aragón, 2, baixo
36940 Cangas do Morrazo

Coordinación
Carmen García Mateo
Carlos Pereiro
Colabora
Museo do Videoxogo de Galicia
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)