Actividades do Consello da Cultura Galega na Habana

Actividade institucional.

Actividades do Consello da Cultura Galega na Habana

Do 4 ao 9 de maio de 2023
A Habana
Actividade institucional

Actividades do Consello da Cultura Galega na Habana

Do 4 ao 9 de maio de 2023 A Habana
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, realiza unha viaxe institucional a Cuba para participar nun programa de actividades sobre o patrimonio cultural común entre Galicia e Cuba.

Como parte do programa “Jornadas/Xornadas sobre patrimonio cultural común” que organiza o Consello da Cultura Galega e a Cátedra Xosé Neira Vilas da Universidad de la Habana, a presidenta do CCG ten previsto efectuar unha visita ao fondo galego “Xosé Neira Vilas” no Instituto de Literatura e Lingüística de La Habana; impartir unha conferencia-visita na “Cátedra de Cultura Galega” da Facultad de Artes y Letras e participar no “Andar galego “Prá Habana me vou”. Este percorrido deseñado por Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega, pretende ser unha homenaxe ao pobo galego na diáspora con paradas en lugares senlleiros como a aduana do porto, a Triscornia, o cruceiro galego no corazón da Habana vieja, o Palacio do Centro Gallego ou a antiga sede do Diario de La Marina. O itinerario forma parte tamén do proxecto Roteiros que mantén o Consello da Cultura Galega no seu web, que ofrece propostas vencelladas á cultura galega.

A axenda institucional inclúe, ademais, unha conferencia-visita na Cátedra de Hispanoamericana na Facultad de Filosofía e Historia; a asistencia á investidura de Pilar Cagiao Vila como membro da Academia Cubana de Historia e unha recepción co embaixador de España en Cuba, na que abordarán as relacións culturais entre ambos territorios, con especial atención, ás necesidades culturais da colectividade galega residente na illa.

Exposición
Os vínculos entre Galicia e Cuba foron explorados na mostra O soño cubano da emigración galega, comisariada por Xosé M. Núñez Seixas e María Xosé Porteiro e inaugurada na capital cubana en 2019, a coincidir co quinto centenario da creación da cidade e que regresa agora ao Centro Galego.

A mostra está conformada por trinta paneis que descobren o perfil do galego emigrante na Habana (novos, maioritariamente varóns, procedentes de sectores medios, que se integran no pequeno comercio, que chegan a Cuba a través de redes familiares e mecanismos persoais...) e permiten coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba que explica que boa parte dos símbolos da nosa identidade tiveran alí a súa raizame. Fotografías, documentos privados, materiais procedentes do asociacionismo galego ilustrarán esta mostra que revisa unha destacada e potente relación histórica.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Actividade institucional.
Actividades do Consello da Cultura Galega na Habana
Cando
Do 4 ao 9 de maio de 2023
Onde
A Habana
Organiza
Consello da Cultura Galega
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Comisión Técnica de Relacións Institucionais e Acción Exterior (CCG)