Os múltiples riscos da contaminación luminosa
Xoves, 1 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Durante a meirande parte da súa existencia, a especie humana fixo a súa vida baixo unha iluminación que seguía o ritmo natural día-noite propio da súa latitude, un ritmo que tivo unha primeira variación co descubrimento do lume. Porén, foron a chegada da luz eléctrica e a extensión masiva da iluminación artificial, con grande intensidade e variedades cromáticas, as que racharon ese equilibrio hai tan só unhas poucas décadas e converteron a noite nun contexto moi distinto ao do ritmo natural. Trátase dun fenómeno novo, e os seus impactos sobre a saúde das persoas e o medio ambiente están empezando a descubrirse, ata o punto de que a luz artificial xa é considerada un axente contaminante.
Esta xornada incidirá nalgunhas das cuestións relacionadas con esta nova contaminación: os impactos que causa sobre o equilibrio medioambiental e a saúde humana, o gasto enerxético asociado e a deterioración da capacidade de observación do ceo nocturno. Para tal fin, contará con destacadas figuras que falarán destes impactos e que abordarán a necesidade de regulamentación e boas prácticas no uso da luz artificial, sobre todo nos espazos públicos. Así mesmo, tamén se salientarán as vantaxes que o control da contaminación luminosa pode traer para a posta en marcha de actividades científicas e iniciativas patrimoniais vinculadas á calidade da observación astronómica.
Xornada
Os múltiples riscos da contaminación luminosa
Xoves, 1 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Sesión da mañá
10:00 horas
Presentación
10:15 horas
Contaminación luminosa: que é e como xestionala?
Salvador Bará Viñas, profesor xubilado da Área de Óptica da USC
11:15 horas
Tecnoloxía da iluminación compatible coa protección do ceo e medio nocturno. Unha realidade palpable e visible
Susana Malón Giménez, CEO e directora de Lumínica Ambiental e membro da Xunta de Goberno do Comité Español de Iluminación
12:15 horas
Pausa
12:45 horas
Unha proposta Starlight: o ceo como recurso dinamizador e transformador do territorio
Antonia M. Varela Pérez, directora xerente da Fundación Starlight e enxeñeira sénior do Instituto de Astrofísica de Canarias
Sesión da tarde
17:00 horas
Medio natural e turistas iluminados. O ecoturismo é outra cousa
Xosé Antonio Fernández Bouzas, director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
18:00 horas
Mesa redonda
Control da contaminación luminosa: posibilidades e oportunidades
Modera: Jorge Mira Pérez, coordinador da xornada
Participan: Salvador Bará Viñas, Susana Malón Giménez, Antonia M. Varela Pérez, Xosé Antonio Fernández Bouzas e Marta Rodríguez Casas, secretaria técnica de Costa da Morte Asociación Turística.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
Os múltiples riscos da contaminación luminosa
Xoves, 1 de xuño de 2023
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Os múltiples riscos da contaminación luminosa
Xornada. Xoves, 1 de xuño de 2023