Seminario de Planificación Lingüística
Do 3 ao 4 de decembro de 2007
Santiago de Compostela
O seminario, organizado polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia os día 3 e 4 de decembro de 2007 ten como obxectivos crear un encontro de expertos e avaliadores da política lingüística en Galicia, obter ditames e recomendacións en materia de planificación lingüística de expertos independentes e coñecedores de realidades distintas á galega que resulten implementables en Galicia e avaliar as políticas lingüísticas de España, tanto das comunidades autónomas con lingua propia, como da Administración xeral do Estado.
Está estruturado en dúas xornadas: Estudo do modelo lingüístico no ensino non universitario e presentación doutras políticas do resto do Estado.
Os participantes aos que vai dirixido son académicos, expertos, políticos e xestores galegos e non galegos relacionados coa política e a planificación lingüística.
Seminario
Seminario de Planificación Lingüística
Do 3 ao 4 de decembro de 2007
Santiago de Compostela
PROGRAMA
XORNADA 1. O MODELO LINGÜÍSTICO EDUCATIVO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO
9:30 Inauguración
10:00 O novo modelo de ensino en Galicia. Unha avaliación
- Ignasi Vila (Universidade de Xirona)
- Bieito Silva (Consello da Cultura Galega)
(Coloquio)
11:30 Pausa
12:00 Mesa redonda: O Decreto sobre o uso do galego no ensino
- Milagros Blanco Pardo (vicepresidenta do Consello Escolar de Galicia)
- Xosé Lastra Muruais (presidente de Nova Escola Galega)
- Virgilio Gantes Gómez (presidente da CONFAPA-Galicia)
- Isabel Pena (coordinadora de normalización lingüística de FERECECA)
- Carlos Callón Torres (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
(Coloquio)
13:30 Pausa
16:00 Os modelos educativos bilingües en España
- Mikel Zabilde (Servizo de Eusquera do Dpto. de Educación, Goberno Vasco)
- Gabriel Bibiloni Cañellas (Universidade das Illas Baleares)
- Josep Maria Baldaqui Escandell (Universidade de Alacante)
- Agustín Fernández Paz (Consello da Cultura Galega)
(coloquio)
18:30 Pausa
19:00 O modelo lingüístico educativo de Galicia
- Laura Sánchez Piñón (Conselleira de Educación da Xunta de Galicia)
19:30 Remate
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Seminario
Seminario de Planificación Lingüística
Do 3 ao 4 de decembro de 2007
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Seminario de Planificación Lingüística
Seminario. Do 3 ao 4 de decembro de 2007