18:00 horas
Presentación
18:15 horas
A perplexidade democrática
María Xosé Porteiro dialoga con Luisa Martínez
María Xosé Porteiro (Madrid, 1952)
Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora. Participou en política (PSdeG) entre 1987 e 2019: concelleira en Vigo, deputada autonómica, parlamentaria nas Cortes españolas, membro das asembleas parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental. Delegada de Galicia no Exterior. Interveu en foros internacionais como o IV Cumio das Mulleres, que tivo lugar en 1995 en Beijing, ou Take Back America, no ano 2007 en Washington, onde se presentaron as candidaturas de Obama e Hillary Clinton. Observadora electoral en Venezuela, Líbano e Bosnia. Ten a Encomenda ao Mérito Civil «pola súa contribución á política exterior española». Desde 1981 vén publicando narrativa e ensaio. En Quen é quen no primeiro Parlamento Galego (Edicións Xerais, 1981) relata a creación do Parlamento galego e en Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas fai a biografía do poeta (Ed. Akal, 1982). Nunha recente novela, Sándalo (Editorial Galaxia, 2019), aborda a mestizaxe cultural e a historia compartida entre Galicia e Cuba. No Consello da Cultura Galega dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo.
Luisa Martínez Lorenzo (Ceuta, 1970)
Doutora en Ciencias do Mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia desde 2008. Ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de accións que achegan a ciencia á cidadanía e, como relatora, en cursos e xornadas vinculadas á comunicación social da ciencia. É autora e ilustradora de dous álbums informativos, dúas pezas teatrais e varias curtametraxes. Desde 2019 dirixe a colección de divulgación Lanterna de Aristóteles (Editorial Galaxia). Foi artista e divulgadora residente do proxecto Cartografías líquidas (Centro Cultural de España en El Salvador, 2022). Pertence á Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (desde 2020) e á Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica (desde 2011).
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205