17:00 horas
Presentación
17:15 horas
Mesa redonda
Os inicios da música escénica en Galicia
Montserrat Capelán, profesora da área de Música (Departamento de Historia da Arte) da USC e coordinadora do grupo de investigación Organistrum
Javier Gándara, investigador predoutoral de Música na USC, especialmente en teatro musical e a galeguidade a finais do Antigo Réxime
Joám Trilho, compositor, director de orquestra, creador da Xove Orquestra de Galicia, estudoso da historia musical de Galicia e divulgador da obra dos seus compositores, tanto coa súa edición como coa súa interpretación
19:00 horas
Representación da tonadilla escénica Los gustos estragados, do mestre de capela da catedral de Santiago Melchor López (duración estimada: 25 minutos) Esperanza Mara, soprano
Nada en Noia en 1989, é dobremente licenciada en Música, nas variantes de canto e de violonchelo barroco, e posúe un mestrado en Interpretación en Música Antiga, na especialidade de canto, e outro en Investigación Musical, cunha investigación sobre arrolos de tradición oral. Como soprano actuou en teatros e salas nacionais e internacionais e acadou diferentes recoñecementos en certames e festivais de prestixio (Círculo Bach de Madrid, Festival de Música Antiga de Xixón, Premios David Russell, festivais de Bremen, Gemunden, San Roque…). Actualmente combina o seu labor docente no Conservatorio de Música Profesional de Santiago coa carreira artística e co seu proxecto persoal de xestión cultural EmanARte.
Aida López Carrera, soprano
Licenciada en Canto e Dirección Coral polo Instituto Superior de Arte de La Habana, desde o ano 2007 é profesora de Canto, Música de Cámara e Coro do Conservatorio de Música Profesional de Santiago. Destacou como solista de oratorio interpretando Messiah (Händel), Requiem (Fauré), Membra Jesu nostri (Buxtehude), Le Roi David (Honegger), Petite messe solennelle (Rossini), Gloria RV 589 (Vivaldi), Requiem (Brahms) etc. Forma parte da Capela de Música da Catedral de Santiago, do Orfeón Terra a Nosa e do coro Vox Stellae.David Montoto Pintos, barítono
Nado en Santiago en 1999, estudou o grao profesional de Piano no Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela co profesor Miguel Vizoso. Actualmente, estuda o 6º curso do grao profesional de Canto coa profesora Aida López e o último curso dos graos en Química e en Bioloxía na USC. É cantor e organista na parroquia de San Xosé do Milladoiro.
Rosalía Gómez Lasheras, fortepianista
Estudou piano, fortepiano e clave no Utrechts Conservatorium e na Musik Akademie Basel. Tras gañar o Concurso YPF de Ámsterdam, debutou como solista en salas como o Concertgebouw de Ámsterdam, o Palau de la Música Catalana ou a Herkulessaal de Múnic. Actúa habitualmente con orquestras do talle da Cairo Symphony Orchestra, Noord Nederlands Orkest, Sinfónica de Galicia, Duisburger Philarmoniker e Sinfonieorchester Basel. Desde 2021 é profesora asistente de Música de Cámara na Hochschule für Musik de Basilea.
Carlos Alonso, espazo escénico
Escenógrafo, figurinista e activista teatral de formación autodidacta, traballa coas principais compañías e os máis importantes directores e directoras do panorama teatral galego. Colaborou en máis dun cento de espectáculos profesionais e recibiu once veces o Premio María Casares na modalidade de escenografía e vestiario
Centro Dramático Galego, vestiario e attrezzo.