Transgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus

Xornada. EscriturAs

Transgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus

Conversa entre Marilar Aleixandre e Laura Fernández

Martes, 7 de marzo de 2023
Santiago de Compostela
Xornada
EscriturAs

Transgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus

Conversa entre Marilar Aleixandre e Laura Fernández

Martes, 7 de marzo de 2023 Santiago de Compostela
A renovación estética, a diversificación dos discursos intelectuais, o anovamento dos pensares e a reestruturación das institucións experimentados nos últimos anos nos discursos artísticos, xornalísticos e intelectuais só son explicábeis desde a aceptación da responsabilidade das mulleres intelectuais no xiro discursivo que afecta ás distintas facetas da nosa expresión pública. O ciclo EscriturAs nace para ser un espazo de reflexión e crítica arredor de todas esas cuestións, dando voz a esa perspectiva feminina e feminista que activa o campo cultural pero tamén o cuestiona, o revolve e o revira desde unha posición sempre heterodoxa.

As EscriturAs son, por iso, necesariamente diversas e dialécticas, difíciles de axeitar a etiquetas, modalidades e xéneros, pois oscilan entre a literatura, o pensamento, o xornalismo, a escena e a reiterada teima das mulleres creadoras en non axustarse aos xustillos implantados polo statu quo. De aí que, co ciclo EscriturAs, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega propoña xuntar voces (só) aparentemente diferentes para proporlles o reto do debate, a reflexión e o cuestionamento do mundo cultural en que se moven as diferentes convidadas.

Presentamos a primeira entrega arredor dunha cuestión abondo nomeada pero non sempre debatida desde as posicións das protagonistas: pode lograrse o éxito desde a disidencia? E, en fin, que vén sendo o éxito nun espazo tan esvaradío e volátil como o campo literario?
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
EscriturAs
Transgresoras e exitosas. De malas mulleres a señoras que non son Santa Claus
Conversa entre Marilar Aleixandre e Laura Fernández
Cando
Martes, 7 de marzo de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Inmaculada López Silva
Rexina Rodríguez Vega
Relator/a
Marilar Aleixandre
Laura Fernández
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega