As décadas de Lois Tobío
Luns, 13 de marzo de 2023
Santiago de Compostela
O día 13 de marzo de 2023 fanse vinte anos da morte de Lois Tobío Fernández, membro do Seminario de Estudos Galegos, militante galeguista, escritor, xornalista, diplomático, tradutor e defensor da personalidade cultural de Galicia no mundo. Con motivo desta efeméride, homenaxeamos a súa figura e celebramos que a súa filla Constanza Tobío faga entrega ao Consello da Cultura Galega do fondo documental do seu pai, que inclúe correspondencia, manuscritos e documentos referenciais para a reconstrución de momentos e iniciativas tan importantes na nosa historia como o exilio ou a fundación do Consello de Galiza en 1944.
Para lembrar o labor desta personalidade polifacética e sobranceira da cultura e do exilio galego, organízase unha xornada na que intervirá Constanza Tobío, que fará unha breve lembranza do seu pai, e na que, a seguir, varios expertos analizarán a transcendencia da súa figura.
Lois Tobío Fernández nace en Viveiro o 13 de xuño de 1906. Estuda Dereito na Universidade de Santiago, onde coñece un grupo de compañeiros e mestres que nos anos vinte fundan o Seminario de Estudos Galegos, no que el participa activamente. Cada vez máis integrado no Partido Galeguista —é membro do seu Consello Executivo dende que se creou en 1931— e, contando coa amizade e confianza de Castelao, é un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de autonomía de Galicia. Diplomático de profesión, tras o golpe de Estado de 1936 Tobío mantén a súa fidelidade á República, o que provoca que teña que iniciar un exilio que o levará a Francia, Cuba, México e finalmente Uruguai. En Montevideo traballa como xornalista, mantén as súas fortes vinculacións co galeguismo e asesora xuridicamente a Castelao na creación do Consello de Galiza, do que será delegado en Uruguai. Ademais, é fundador e colaborador da emisión radial Sempre en Galiza de Montevideo e escribe numerosos artigos en Galicia Emigrante e outros voceiros da colectividade. En 1963, Lois Tobío retorna coa súa familia a España, tras case 25 anos sen pisar a súa terra natal. Durante a vellez dedícase ás súas angueiras históricas e literarias e participa activamente na restauración e renovación do Seminario de Estudos Galegos (1979), entidade que preside ata a súa morte o 13 de marzo de 2003.
Xornada
As décadas de Lois Tobío
Luns, 13 de marzo de 2023
Santiago de Compostela
17:00 horas
Presentación
17:15 horas
Breve lembranza do meu pai
Constanza Tobío, catedrática de Socioloxía da Universidad Carlos III de Madrid e filla de Lois Tobío
17:45 horas
Mesa redonda
O poliédrico legado de Lois Tobío
Modera: Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC
Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea da USC
Marga Romero, profesora e estudosa da obra de Lois Tobío
Emilio Xosé Insua, profesor e ensaísta
19:30 horas
Remate da xornada
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
As décadas de Lois Tobío
Luns, 13 de marzo de 2023
Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
As décadas de Lois Tobío
Xornada. Luns, 13 de marzo de 2023
Presentación
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC
Breve lembranza do meu pai
Constanza Tobío, catedrática de Socioloxía da Universidad Carlos III de Madrid e filla de Lois Tobío
Mesa redonda: O poliédrico legado de Lois Tobío
Modera: Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da USC
Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea da USC
Marga Romero, profesora e estudosa da obra de Lois Tobío
Emilio Xosé Insua, profesor e ensaísta