Documental Axudádeme a cantar
Serán dos namorados de Toutón
Sábado, 11 de febreiro de 2023 - 19:00 horas
Toutón, Mondariz (Pontevedra)
Axudádeme a cantar é un documental de seis capítulos que pretende poñer en valor o canto acompañado con percusión de man, unha forma de literatura oral tradicionalmente feminina que gozaba (e goza) dunha extensión e diversidade importantes no territorio galego. Neste documental de seis capítulos contamos coa colaboración de tocadoras tradicionais e de participantes en procesos de recollida e divulgación, así como de artistas modernas que beben das fontes desta tradición, falan das súas experiencias e comparten a súa arte connosco. Renée DePalma, Xulia Feixoo e Carme López, directoras do proxecto, achéganse ao Serán dos Namorados de Toutón para presentalo e debullar coas persoas asistentes o pasado e o presente da festa tradicional.
Eu e mais ti, compañeira
Eu e mais ti, camarada
Eu e mais ti, compañeira
Facemos a foliada
(Castrelo, Vimianzo)
Recollida por Xabier Díaz
Capítulos da serie documental:
- CAPÍTULO 1. O SERÁN EN TOUTÓN: PASADO E PRESENTE DA FESTA TRADICIONAL
- CAPÍTULO 02. A FESTA DA PANDEIRA: CELEBRANDO A RECUPERACIÓN DUN INSTRUMENTO
- CAPÍTULO 03. PANDEIRADA EN LIÑARES: CANTO, IDENTIDADE E EMIGRACIÓN
- CAPÍTULO 04. HISTORIA DA COMPILACIÓN MUSICAL NOS GRUPOS FOLCLÓRICOS
- CAPÍTULO 05. AS NOVAS RAÍCES: RESOCIALIZANDO O RURAL A TRAVÉS DA MÚSICA TRADICIONAL
- CAPÍTULO 06. DAS ALDEAS AOS ESCENARIOS: A MÚSICA DE TRADICIÓN ORAL NO PANORAMA MUSICAL GALEGO
Presentación
Documental Axudádeme a cantar
Serán dos namorados de Toutón
Sábado, 11 de febreiro de 2023 - 19:00 horas
Toutón, Mondariz (Pontevedra)
19:00 horas
Presentación do proxecto documental Axudádeme a cantar: seis historias arredor da música de tradición oral en Galicia
Renée DePalma, Xulia Feixoo e Carme López, directoras do proxecto
Lucinda Barcia Garrido “do Peseto” e Montse Alvariño, protagonistas do capítulo
19:30 horas
Proxección audiovisual (duración 08:00 minutos)
- CAPÍTULO 1. O SERÁN EN TOUTÓN: PASADO E PRESENTE DA FESTA TRADICIONAL
A tocadora tradicional Lucinda Barcia Garrido “do Peseto” e a súa filla Montse Alvariño cóntannos neste vídeo a súa iniciativa de revitalización do Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz), motivada polas primeiras recollidas nesta pequena localidade en 1996. Dende a cociña e o xardín dunha casa da vila, onde os seráns formaban parte fundamental da vidasocial da comunidade, estas informantes mostran algúns cantos e toques típicos da zona, transmitidos de xeración en xeración. Cantan acompañadas coa pandeireta e co legón —unha ferramenta agrícola transformada en instrumento musical— e comparten as súas lembranzas como participantes nas festas de tempos pasados, interrompidas pola desaprobación institucional e polos cambiantes modos de socializar. Porén, en Toutón, estas tradicións non se deixaron morrer, como nos explican estas dúas mulleres, que transmiten a alegría de crear un evento anual que recupera o espírito desta práctica histórica: bailar, tocar e pasalo ben, en boa compañía.
20:00 horas
Inicio da festa
LUGAR
Casa cultural da parroquia de Toutón
Mondariz
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ACCEDE AOS CAPÍTULOS:
http://consellodacultura.gal/especiais/axudademe-a-cantar/
ASISTENCIA
- DIRECCIÓN: Renée DePalma, Xulia Feixoo e Carme López
- FOTOGRAFÍA: Olaia Tubío
- PRODUCIÓN E MONTAXE: Alejandro Gándara
- SON: Xandre Táboas e Gloria Tavares
- ETALONAXE: Leticia T. Blanco
- SUBTITULADO: Lucía Correa Rodríguez
Presentación
Documental Axudádeme a cantar
Serán dos namorados de Toutón
Sábado, 11 de febreiro de 2023 - 19:00 horas
Toutón, Mondariz (Pontevedra)
Solicita a túa inscrición
Documental Axudádeme a cantar
Serán dos namorados de Toutón
Presentación. Sábado, 11 de febreiro de 2023 - 19:00 horas