Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes

Ciclo. Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes

18 de xaneiro de 2023 ás 17:30h, Vigo / 19 de xaneiro de 2023 ás 18:00h, Porto
Vigo / Porto
Ciclo
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes

Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes

18 de xaneiro de 2023 ás 17:30h, Vigo / 19 de xaneiro de 2023 ás 18:00h, Porto Vigo / Porto
Unha edición e con esta xa serán cinco desde 2019, presentamos o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. Desde 2021 contamos tamén coa complicidade e o entusiasmo da Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) de Porto, que xa consideramos un parceiro máis nesta segunda colaboración súa.

Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes ten como obxectivo o encontro entre creadoras escénicas de Galicia e Portugal para promover un maior e máis profundo coñecemento da escrita teatral máis contemporánea dos dous lados da raia. O proxecto pon o foco na dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de rescatala da invisibilidade e de poñer en valor todo o seu potencial renovador. Ademais, o proxecto apóiase e conta para a súa produción coas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, nas cidades de Porto e Vigo.

O ciclo segue a sumar edicións e encontros escénicos nos que a creación e a escrita dramática contemporánea exercen o seu papel protagonista. Nesta ocasión imos engadir á nosa xa importante lista de mulleres dramaturgas galegas e portuguesas a Esther Carrodeguas e a Cecília Ferreira, dúas autoras cunha incuestionábel traxectoria probada e recoñecida polo público. Elas entran a formar parte dunha significativa escolla na que atopamos os potentes nomes de AveLina Pérez e Patrícia Portela, de Ana Carreira e Joana Craveiro, de Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu e de Laura Porto e Rita Pinheiro. Os textos de todas as autoras poden atoparse en edición dixital en www.consellodacultura.gal.

Nesta edición de 2023 o profesor da ESAD de Galicia Afonso Becerra, ata agora «mestre de cerimonias» e brillante acompañante das dramaturgas, nunha serie de conversas que nos fixeron comprender a dimensión da obra das autoras que nos acompañaron, cede a tarefa á profesora da ESAD de Galicia Vanesa Sotelo, que será a encargada de guiar o encontro, no que coñeceremos máis profundamente as dúas autoras.
LUGAR
18 de xaneiro de 2023
17:30 horas
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Rúa da Poza Cabalo, 1
36212 Vigo
https://esadgalicia.com/

19 de xaneiro de 2023
18:00 horas
Teatro Helena Sá e Costa (THSC)
Rua da Escola Normal, 39
4000-099 Porto
http://thsc.pt/
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo
Rua da Alegria, 503
4000-045 Porto
https://www.esmae.ipp.pt/

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Rúa da Poza Cabalo, 1
36212 Vigo
https://esadgalicia.com/
Ficha técnica 
Ciclo.
Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes
Dramaturxias itinerantes / Dramaturgias itinerantes
Cando
18 de xaneiro de 2023 ás 17:30h, Vigo / 19 de xaneiro de 2023 ás 18:00h, Porto
Onde
Vigo / Porto
Enderezo

18 de xaneiro de 2023
17:30 horas
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Rúa da Poza Cabalo, 1
36212 Vigo
https://esadgalicia.com/

19 de xaneiro de 2023
18:00 horas
Teatro Helena Sá e Costa (THSC)
Rua da Escola Normal, 39
4000-099 Porto
http://thsc.pt/

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (Porto)
Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo
Ámbito
Comisión Técnica de Relacións Institucionais e Acción Exterior (CCG)