Luces de alén mar

Exposición. Luces de alén mar

Luces de alén mar

Centro de Saúde de Ramirás, do 9 ao 31 de decembro de 2022
Ramirás
Exposición
Luces de alén mar

Luces de alén mar

Centro de Saúde de Ramirás, do 9 ao 31 de decembro de 2022 Ramirás

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atenciónás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegase, tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.

Ficha técnica
Exposición.
Luces de alén mar
Luces de alén mar
Data
Centro de Saúde de Ramirás, do 9 ao 31 de decembro de 2022
Lugar

Centro de saúde de Ramirás
Aldea Vilavidal, nº 90
Ramirás
Ourense