4º Ciclo Cinema Galego-Portugués - Mulleres, patrimonios, sociedade - Salvador da Bahia (Brasil)

Ciclo

4º Ciclo Cinema Galego-Portugués - Mulleres, patrimonios, sociedade - Salvador da Bahia (Brasil)

29 de novembro de 2022
Salvador de Bahia, Brasil
Ciclo

4º Ciclo Cinema Galego-Portugués - Mulleres, patrimonios, sociedade - Salvador da Bahia (Brasil)

29 de novembro de 2022 Salvador de Bahia, Brasil
O ciclo de cinema “Mulleres, Patrimonios, Sociedade”, organizou este ano súa cuarta edición, realizada en Verín (Ourense) entre o 27 e o 29 de outubro. Este ciclo ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal. Desenvólvese arredor de tres fíos interrelacionados que se refiren a temas transversais e, polo tanto, que buscan unha ampla difusión da actividade, que se relaciona con distintos aspectos de grande actualidade e de preocupación social: a situación social da muller; as sociedades actuais, principalmente rurais; o seu empoderamento e súa relación co patrimonio, e o papel que as mulleres xogan nesa relación.

Cada ano concentrámonos nun tema específico; neste ano 2022 será a morte e a dor, desde o punto de vista patrimonial, e analizaremos o papel da muller nel. O ciclo desenvólvese ao longo de tres xornadas e cada ano é realizado nun local distinto, alternando entre Galicia (España) e o norte de Portugal.

Este ciclo é unha actividade promovida polo Consello da Cultura Galega. No ciclo participan as seguintes institucións: Consello da Cultura Galega, Universidade do Minho, o Centro de Estudos Galegos, Camões - Instituto da Cooperação e da Língua e Museo do Pobo Galego a través da Mostra Internacional de Cine Etnográfico.

Este ano realizamos unha pequena extensión en Brasil, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia, coa cal pretendemos ampliar esta actividade aos países de lingua portuguesa e promover o intercambio cultural e lingüístico dunha forma máis ampla. A extensión do ciclo terá lugar o día 29 de novembro en Salvador da Bahia, coa proxección do filme galego Nación de Margarita Ledo e as curtas brasileiras Mâe Solo de Camila de Moraes e Irun Ori de Juh Almeida, e a continuación un debate entre representantes da UFBA, da UMinho e do Consello da Cultura Galega e as directoras brasileiras.
Ficha técnica
Ciclo.
4º Ciclo Cinema Galego-Portugués - Mulleres, patrimonios, sociedade - Salvador da Bahia (Brasil)
Data
29 de novembro de 2022
Lugar

Auditório da FACOM
Universidade Federal da Bahia (UFBA)
Salvador da Bahia, Brasil