O Consello da Cultura no Culturgal 2022

Presentación

O Consello da Cultura no Culturgal 2022

24 - 27 de novembro de 2022
Pontevedra
Presentación

O Consello da Cultura no Culturgal 2022

24 - 27 de novembro de 2022 Pontevedra
A cita anual da cultura galega celebra a súa 15ª edición en 2022, do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Culturgal é unha Feira para empresas, profesionais e institucións. Un lugar de encontro das empresas culturais que favorece e promove a cooperación e o apoio mutuo. Un espazo para poñer en contacto a artistas, creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. O Consello da Cultura Galega participará no Culturgal con dúas actividades que abranguen dúas das súas áreas de traballo, o estudo e a divulgación cultural. Así, por un lado estará presente no Espazo Profesional coa presentación dos Barómetros do Observatorio da Cultura Galega e, polo outro, presentará, no Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, a serie web de ficción Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade, unha iniciativa para dar a coñecer as filósofas máis importantes de todos os tempos nun formato divulgativo e apto para todos os públicos.

- Venres, 25 de novembro ás 17:30 horas
Presentación da serie web de ficción Sophias. Chiscadelas de pensamento e igualdade, a cargo da coordinadora do proxecto, Carme Adán e da directora Cristina de la Torre.
Espazo Cinema
Enlace no calendario do Cultugal

- Sábado 27 de novembro ás 19:50 horas
Presentación de Barómetros do Observatorio da Cultura Galega
, a cargo de Hakan Casares, director do Observatorio
Espazo Profesional
Evento no calendario do Culturgal

Enlaces informativos:

Máis información e acceso á serie web de ficción Sophias

Máis información sobre o Observatorio da Cultura Galega

Máis información e programación completa do Culturgal
Ficha técnica
Presentación.
O Consello da Cultura no Culturgal 2022
Data
24 - 27 de novembro de 2022
Lugar

Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra