Modera: Jesús Pastor, catedrático de Debuxo nas facultades de Belas Artes de Salamanca e Pontevedra e coordinador da xornada.
Darío Urzay, artista visual. Licenciado en Belas Artes pola Universidad del País Vasco, con estudos na Fundación Delfina Studios. Na súa dilatada traxectoria realiza exposicións individuais en prestixiosas galerías de Nova York, París, Madrid ou Barcelona e recibe o Premio Gure Artea e o Premio Nacional de Arte Gráfico. A súa obra está presente en importantes coleccións nacionais e internacionais.
José María Luna, director da Agencia Pública Casa Natal Pablo Ruiz Picasso, da Colección del Museo Ruso e do Centro Pompidou do Concello de Málaga, así como patrón da Fundación Ankaria. Foi director da Fundación Rodríguez-Acosta de Granada e da Fundación Museo del Grabado Español Contemporáneo.