Emocións e Vocación Científica
Ponteceso, 26 de outubro de 2022
Ponteceso
09:30 horas
Inauguración
Elena Vázquez Cendón, coordinadora da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)
Ánxela Bugallo e Xosé María Varela, coordinadores da actividade
10:00 horas
Obradoiro: Eu de maior quero ser…
Andrea Fernández Sánchez. Profesora. Área de Didáctica e Organización Escolar. Facultade de Ciencias da Educación da UdC
Lucía Vázquez Ben. Profesora. Área de Didáctica das Ciencias Experimentais. Facultade de Ciencias da Educación da UdC
13:00 horas
Adaptación teatral escolar de Os nenos da varíola
Adaptación teatral escolar do libro de María Solar dedicado aos 22 nenos e nenas que partiron o 30 de novembro de 1803 dende o porto da Coruña. Procedían de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña e foron unha cadea de transmisión («persoa a persoa») para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios americanos.
A Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, na súa vontade de estimular o coñecemento e a vocación científica do público máis novo, organiza un encontro na Fundación Pondal da aldea do Couto con estudantes de centros da contorna, concretamente alumnado de 4º e 6º de educación primaria do CEIP Labarta Pose (Baio-Zas), do CPI As Forcadas (Corme-Ponteceso)e do CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso). Xuntos traballarán as emocións, a ciencia e a resolución de problemas da vida cotiá. O obradoiro dividirase en dúas partes. Na primeira os estudantes explicarán a súa vocación e traballarán a relación desta coas súas materias favoritas e coas súas actitudes cara ás ciencias. Na segunda parte, que se realizará en pequenos grupos, presentaráselle ao alumnado unha serie de inventos e quen os inventou e terán que elixir a quen corresponde cada un deles. Con ese coñecemento pasarán logo a pensar un problema da vida cotiá que lles gustaría resolver e, empregando unhas cartas de persoas que traballan en ciencias en diferentes disciplinas, conformarán o seu dream team científico que lles axude a resolver o problema. Finalmente, o alumnado representará a obra de teatro Isabel Zendal e os nenos da varíola.
Xornada
Emocións e Vocación Científica
Ponteceso, 26 de outubro de 2022
Ponteceso
09:30 horas
Inauguración
Elena Vázquez Cendón, coordinadora da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)
Ánxela Bugallo e Xosé María Varela, coordinadores da actividade
10:00 horas
Obradoiro: Eu de maior quero ser…
Andrea Fernández Sánchez. Profesora. Área de Didáctica e Organización Escolar. Facultade de Ciencias da Educación da USC
Lucía Vázquez Ben. Profesora. Área de Didáctica das Ciencias Experimentais. Facultade de Ciencias da Educación da USC
13:00 horas
Isabel Zendal e os nenos da varíola
Adaptación teatral escolar do libro de María Solar dedicado aos 22 nenos e nenas que partiron o 30 de novembro de 1803 dende o porto da Coruña. Procedían de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña e foron unha cadea de transmisión («persoa a persoa») para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios americanos.
LUGAR
Fundación Pondal
Aldea do Couto s/n
Ponteceso (A Coruña)
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal