1º Foro rural: Transruralismo e arte

Foro.

1º Foro rural: Transruralismo e arte

5-7 de outubro de 2022
Vilela (Ancares)
Foro

1º Foro rural: Transruralismo e arte

5-7 de outubro de 2022 Vilela (Ancares)
Os días 5 e 7 de outubro de 2022 realizarase en Vilela (Ancares) o "1º Foro rural: Transruralismo e arte", organizado polo Consello da Cultura Galega, a Casa Quindós e a Fundación María José Jove, co comité científico integrado por Susana González, Oliver Laxe, Agar Ledo, Chus Martínez e Fran Quiroga.

Co título "CARA A NOVAS POLÍTICAS DE CONECTIVIDADE, VÍNCULOS EMOCIONAIS E SUSTENTABILIDADE", esta primeira edición contará coa participación de Benito Burgos Barrantes, Oliver Laxe, Zaida Llamas, Lourdes Méndez, Rebeca Blanco-Rotea, Patricia Esquivias, Fuentesal Arenillas, María Alcaide, Javier Arce, Ibon Aranberri, Antonio Ballester Moreno, Fernando García-Dory, Fuentesal Arenillas, Irene Grau, Julio Jara, Rafael Navarro, Ruangrupa [D15], Belén Rodríguez, Neg Nova Escultura Galega, Misha Bies Golas, Alejandra Pombo Su, Jorge Varela, Diego Vites, Carme Nogueira, Miriam Pérez, María do Mar Pérez Fra, Alfredo Puente, Fran Quiroga, Filipa Ramos, Belén Rodríguez, Ruangrupa [D15], Rubén Santiago, Chiara Sgaramella, Juan Toboso, Susana González, Chus Martínez, Fran Quiroga, Agar Ledo, Filipa Ramos e Marta Rincón.

Habitar e pensar o medio rural é complexo. É amplo, diverso e nunha mutación sen precedentes. A imaxe que tiñamos xa non é, mais fica pendente saber cal é. Cada vez menos persoas se adican ás actividades agrarias, cunha alimentación cada vez máis desterritorializada e cun extractivismo, a través de proliferación mineira ou da produción enerxética, que ten uns custes altos para o territorio. Por iso cómpre tecer lugares de encontro cos que pensar xuntas novos marcos políticos e por suposto estéticos. A arte non pode ficar ausente destes debates e ten o compromisso de abrir futuros, experimentar procesos, ou alterar xeitos de ver e sentir o rural.

O rural é un espazo de vida ao igual que o é a creación. Cada vez son máis as artistas que residen no rural ou espazos que van abrollando en diferentes emprazamentos. Mais que hai de moda ou de compromiso neste incipiente proceso? Xa superamos a idea prístina do rural como espazo que custodia as esencias e vemos como este está nun continuo conflito. Nesa fricción é onde ten un potencial a arte, por ser quen de desvelar procesos, alterar xeitos de ver a realidade ou por resignificar conceptos como modernidade, progreso, a escala ou o épico.

Volver a mirada ao pequeno, ao menor ou ao cotiá é unha estratexia en contra da hiper produtividade ou da intensificación. Propoñemos este Foro cun obxectivo simple, mais a vez ambicioso, que é o de converterse nun lugar de encontro, onde recoñecernos, xuntarnos, e compartir inquedanzas, dúbidas e sobre todo saber que non estamos soas, que temos xenealoxías e que somos moitas as que en contextos diversos estamos pensando e facendo pequenos novos mundos.

A través da experiencia, como xeito de aprendizaxe, buscamos abrir unha conversa sobre canto de relevante pode ser un novo marco de análise: un transruralismo que altere a orde centro - periferia para situar estes lugares nun novo marco relacional máis xusto e equilibrado.
LUGAR
Casa Quindós
Vilela
Ancares
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal