O Colexio de Nosa Señora da Antiga (Monforte de Lemos, Lugo). Un exemplo de educación patrimonial
Día do Patrimonio 2022
18 e 19 de novembro de 2022
Monforte de Lemos
Cada ano, o 16 de novembro, celébrase o Día do Patrimonio Mundial, e nel ponse o foco tanto nas súas distintas facetas como nas súas realidades e necesidades. Ao longo dos anos 2020 e 2021, no Consello da Cultura Galega desenvolveuse o Foro Patrimonio e Sociedade, que analizou as políticas públicas, a normativa legal e a xestión integral do patrimonio, mais tamén a relación deste coa cidadanía e, especialmente, a situación actual da formación e educación patrimonial na nosa comunidade autónoma, que se considera chave para a salvagarda e conservación futura do patrimonio e que contribúe a construír unha cidadanía formada en valores patrimoniais.
En Galicia, levouse a cabo unha iniciativa pioneira que, en paralelo á elaboración do expediente de incoación como ben de interese cultural (BIC) do Colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, desenvolveu un proxecto de educación patrimonial que reverteu nesa mesma declaración, ao incorporar unha nova e necesaria perspectiva relativa ao valor social do ben que dota do máximo recoñecemento e protección a un elemento patrimonial. A xornada, que se realizará no marco da Semana do Patrimonio, desenvolverase no propio colexio, mostrará o proxecto educativo executado e os actuais traballos de rehabilitación, analizará o edificio como elemento patrimonial presentado polo propio alumnado do centro e debaterá arredor dos procesos de participación social que se desenvolveron no marco da declaración do colexio como ben de interese cultural.
Xornada
O Colexio de Nosa Señora da Antiga (Monforte de Lemos, Lugo). Un exemplo de educación patrimonial
Día do Patrimonio 2022
18 e 19 de novembro de 2022
Monforte de Lemos
VENRES, 18 DE NOVEMBRO
17:00 horas
Inauguración
Rosario Álvarez, presidenta do CCG
José Tomé Roca, alcalde do Concello de Monforte de Lemos
María del Carmen Martínez Insua, directora xeral de Patrimonio Cultural, Xunta de Galicia
Francisco Javier Agudo, xerente da Fundación Colexio Nosa Señora da Antiga
Mª del Mar Bóveda López, directora de Caixal. Proxectos Culturais e coordinadora da actividade
Sesión de relatorios
17:30 horas
Estudo documental para a declaración como BIC do Colexio de Nosa Señora da Antiga
Luísa Serrano, arquitecta
Mª Dolores Lago, historiadora e restauradora
18:15 horas
Participación social no proceso de declaración como BIC. O estudo do valor social do edificio do Cardeal e o proxecto de educación patrimonial do colexio
Mª del Mar Bóveda, educadora e investigadora da USC (GI-RODA). Especialista en educación patrimonial e na posta en valor do patrimonio cultural
18:45 horas
A execución do proxecto de educación patrimonial no centro
Pablo Blanco, director do Colexio Padres Escolapios (Monforte)
Alumnado do centro
19:15 horas
Mesa redonda
O Colexio de Nosa Señora de Antiga. Exemplo de educación patrimonial
Modera: Mª Xosé Porteiro, xornalista
Interveñen: Luísa Serrano, Mª Dolores Lago, Mª Mar Bóveda, Pablo Blanco
SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO
10:00 horas
A historia do edificio de Nosa Señora da Antiga e os proxectos de rehabilitación recentes
Francisco Javier Agudo, xerente da Fundación Colexio Nosa Señora da Antiga
Manuel Freire, arquitecto, director das obras de rehabilitación do edificio
11:30 horas
Visita institucional ao edificio e ao museo guiada por alumnado da ESO do colexio.
12:30 horas
Visita institucional ás obras de rehabilitación dirixida polo arquitecto director das obras, o xerente da Fundación Colexio Nosa Señora da Antiga e o director do Colexio Padres Escolapios.
LUGAR
Colexio de Nosa Señora da Antiga
Praza Campo da Compañía, 50
27400, Monforte de Lemos
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Xornada
O Colexio de Nosa Señora da Antiga (Monforte de Lemos, Lugo). Un exemplo de educación patrimonial
Día do Patrimonio 2022
18 e 19 de novembro de 2022
Monforte de Lemos
Solicita a túa inscrición
O Colexio de Nosa Señora da Antiga (Monforte de Lemos, Lugo). Un exemplo de educación patrimonial
Día do Patrimonio 2022
Xornada. 18 e 19 de novembro de 2022