1ª SESIÓN COMPOSTELA. Mesa redonda: A banalidade do mal e Cintaadhesiva

Festival. II Festival de Filosofía de Galicia

1ª SESIÓN COMPOSTELA. Mesa redonda: A banalidade do mal e Cintaadhesiva

30 de setembro, a partir das 17:00 horas
Santiago de Compostela
Festival
II Festival de Filosofía de Galicia

1ª SESIÓN COMPOSTELA. Mesa redonda: A banalidade do mal e Cintaadhesiva

30 de setembro, a partir das 17:00 horas Santiago de Compostela
[PRAZAS ESGOTADAS NA MESA REDONDA]
[O RESTO DE ACTIVIDADES SON DE ACCESO LIBRE]

CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA

17:00 horas
Presentación

17:15 horas [PRAZAS ESGOTADAS]
Mesa redonda
A banalidade do mal
Jorge Álvarez Yágüez
Fina Birulés
Nuria Sánchez
Coordina: María Xosé Agra

19:00 horas
Descanso

19:15 horas
Proxección audiovisual: Sophias I [ENTRADA LIBRE]

Serie web de ficción de sete capítulos realizada pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega para divulgar a figura e ideas de mulleres filósofas ao longo da Historia. Un proxecto que conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no que a través dunha ficción divulgativa se presenta unha escolma de filósofas e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto histórico e social, incluíndo o tema da exclusión das mulleres do espazo público e da creación de coñecemento. A serie está dirixida por Cristina de la Torre e conta coa interpretación de Marta Pérez e María Rojo.

19:30 horas
Cintaadhesiva [ENTRADA LIBRE]

Un proxecto orixinal de Silvia Penas e Jesús Andrés

Cintaadhesiva
Espectáculo poético musical que pon en xogo poes ía evideoarte nunha posta en escena pensada para o directo. A peza recolle textos de Silvia Penas, cantados e recitados pola autora, e composicións musicais electrónicas de Jesús Andres Tejada. Trátase dunha obra do xénero da e-poesía.

Cintaadhesiva presenta a un eu poético que ten que enfrontarse cos obstáculos ao seu propio discurso e aos seus propios desexos. Unha muller que ocupa o escenario para ter a oportunidade de narrarse a si mesma fronte as violencias estruturais e simbólicas. En definitiva, unha peza que cuestiona os esquemas sociais predominantes e os estereotipos de xénero.
Ficha técnica
Festival.
II Festival de Filosofía de Galicia
1ª SESIÓN COMPOSTELA. Mesa redonda: A banalidade do mal e Cintaadhesiva
Data
30 de setembro, a partir das 17:00 horas
Lugar

Centro Sociocultural de Santa Marta
Antonio Rama Seoane nº6
15706 Santiago de Compostela

Participante
María Xosé Agra Romero
Jorge Álvarez Yágüez
Fina Birulés
Samuel Merino
Silvia Penas
Nuria Sánchez
Colabora
Concello de Ourense
Concello de Ourense
Concello de Santiago de Compostela
Concello de Santiago de Compostela
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega