Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel

Xornada.

Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel

Luns, 10 de outubro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel

Luns, 10 de outubro de 2022 Santiago de Compostela
A chegada de Internet, e con ela da prensa dixital e das redes sociais a finais do século XX e a súa expansión no século XXI, mudou considerablemente o panorama xornalístico a nivel global e local. Malia o pulo dos medios de comunicación dixitais, en Galicia segue existindo prensa en lingua galega que continúa apostando polo papel. Moitos destes medios son de carácter local ou provincial, pero nos últimos anos apareceron novos proxectos, algún deles de ámbito galego.

Coa xornada Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel, promovida dende a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega, búscase dar a coñecer e analizar a realidade actual dos medios de comunicación escritos en galego en formato papel, a súa resistencia e a súa adaptación nun contexto fortemente marcado pola dixitalización e pola crise económica. Esta adaptación e supervivencia implica un cambio de modelo non só a nivel xornalístico, no que atinxe ao tratamento e presentación da información, senón tamén a nivel de xestión económica e de audiencias, ao mesmo tempo que se convive co formato dixital.
Ademais, esta xornada pretende amosar diversos modelos xornalísticos, dende publicacións culturais cunha longa traxectoria, ata revistas especializadas no medio natural. Tamén se achegan iniciativas promovidas polas novas xeracións en papel a través do fanzine ou de revistas realizadas por centros de ensino.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel
Cando
Luns, 10 de outubro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Ángeles Rodríguez Yáñez
Participante
Luís Álvarez Pousa
Xan Carballa
Marta Cortés
Ana Díez
Francisco Fernández Rei
Carlos G. Hervella
Diego Elías García Puente
Xosé López
Alejandro Nieves
María Obelleiro
Guillermo Rodríguez Fernández
Julián Rodríguez Moscoso
Alberte Sánchez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)