Os camiños de Nós polo mundo

Xornada.

Os camiños de Nós polo mundo

Sábado, 17 de setembro de 2022
Allariz
Xornada

Os camiños de Nós polo mundo

Sábado, 17 de setembro de 2022 Allariz
Allariz
Neste país vertebrado por millóns de camiños, carreiros, corredoiras e vereas que nos comunican entre nós e que nos conectan co mundo, o país dos mil ríos que van a un mar que nos leva a Europa e a un océano que nos leva a América, é preciso reparar neses camiños físicos e imaxinarios polos que os arrieiros da nosa cultura levaron o noso xenio e trouxeron intelixencias afastadas. Vieiros de ida e volta que nos fixeron florecer e posibilitaron que nós enriqueceramos o mundo coa nosa intelixencia milenaria.

Vicente Risco, un destes arrieiros, deixou dito que “ningún pobo pode nin debe vivir para el só, senón que ten que vivir para os demais pobos da terra, ten que vivir na comunidade da cultura universal”. Esa idea viva inspira esta xornada, na que se reflexiona sobre a importancia das viaxes da intelectualidade galega como forma de intercambio de coñecemento e de interaccionar coas culturas do mundo en pé de igualdade, como un exemplo de futuro, de estímulo para a procura de todos os camiños que aínda fican por percorrer.

Nese traballo anda o Consello da Cultura Galega, establecendo permanentes contactos e complicidades con persoas e entidades de todo o mundo que xeran novo coñecemento, que nutre a “comunidade da cultura universal”, e tamén a Fundación Vicente Risco, que mantén vivo o legado deste heterodoxo amante do Oriente, do saudosismo, da Europa dos pobos e a súa riqueza cultural, desde a súa amada terra. Desta coincidencia nace esta proposta de reflexión e diálogo sobre a importancia destes intercambios e a necesidade do seu coñecemento como exemplo para os novos camiños que aínda ha percorrer a nosa cultura.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (20 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, 3
32660 Allariz
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Os camiños de Nós polo mundo
Cando
Sábado, 17 de setembro de 2022
Onde
Allariz
Enderezo

Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, 3
32660 Allariz

Coordinación
Xosé Rodríguez Díaz
Presenta
Rosario Álvarez Blanco
Antonio Blanco Rodríguez
Cristina Cid Fernández
Celia Pereira Porto
Ana Gloria Rodríguez Alonso
Miguel Anxo Seixas
Alfonso Villar Agra
Relator/a
Patricia Arias Chachero
Samuel Diz
José María Eguileta Franco
Ricardo Gurriarán
Iria-Friné Rivera Vázquez
Ángeles Tilve Jar
Afonso Vázquez-Monxardín
Ramón Villares
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación Vicente Risco
Colabora
Concello de Allariz

Imaxe da portada: Debuxo de Vicente Risco