Arturo Souto

Ciclo. Revisando a nosa arte

Arturo Souto

13 de xullo de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo
Revisando a nosa arte

Arturo Souto

13 de xullo de 2022 Santiago de Compostela
Dentro do ciclo “Revisando a nosa arte”, é a quenda de Arturo Souto Feijoo (Pontevedra, 1902- México D.F., 1964), un dos máis interesantes creadores desa xeración inesquecible e irrepetible da nosa arte que foron 'Os renovadores' da pintura galega, integrada por nomes como os de Laxeiro, Colmeiro, Maside ou Torres, que situaron a nosa arte ombreiro con ombreiro cos diferentes movementos artísticos de vangarda das décadas iniciais do século XX, mantendo sempre un firme elo coa identidade galega, que converteron en boa parte das súas obras na cerna das súas miradas.

A personalidade do noso protagonista sitúao nesa xeración como unha das figuras máis relevantes, tanto polo desenvolvemento plástico da súa obra como por un itinerario vital que, ata a sublevación militar de 1936, se vencellou dende Galicia a Madrid, pasando por Roma ou París, para iniciarse no coñecemento da arte e ambientes daquel momento; como despois da Guerra Civil, para pasar case vinte anos no exilio mexicano, despois da súa participación activa en defensa da República e como membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas.

Estes vieiros artellaron unha plástica única, unha canle de comunicación e comprensión da realidade que singularizou a súa obra ata chegar a conformar o que en 1936 Jean Cassou definiu como “unha escura ledicia sonora”. Nesa escuridade e neses sons tentaremos presentar a análise da súa figura a través de tres recoñecidos profesionais do eido artístico; Ramón Rozas, María Díaz e Paulo Porta ofrecerán diferentes achegas ao coñecemento que ata o de agora se ten de Arturo Souto. Arrincará a xornada cunha aproximación á biografía e obra do pintor pontevedrés, a segunda conversa centrarase na temática social nas súas pinturas e, como remate, ofrecerase unha análise polo miúdo dun dos traballos máis sobranceiros e comprometidos, e ao tempo menos coñecidos, como son os seus Debuxos de guerra.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Ciclo.
Revisando a nosa arte
Arturo Souto
Cando
13 de xullo de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ramón Rozas Domínguez
Relator/a
María Díaz Rey
Paulo Porta Martínez
Ramón Rozas Domínguez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Manuel Quintana Martelo