SEN CANCELAS

Sen cancelas

SEN CANCELAS

Memorias do Arco da Vella en Galicia

Exposición. IES Rosalía de Castro. Santiago. 13-30 de xuño
Información
Sen cancelas

SEN CANCELAS

Memorias do Arco da Vella en Galicia

Exposición. IES Rosalía de Castro. Santiago. 13-30 de xuño
Cando vemos saír o arco da vella, axiña centramos toda a nosa atención nel, xa que sabemos que é tan fermoso como efémero e excepcional. Porén, o arco da vella no noso presente é moito máis que un efecto visual. É un baúl de historias e contos, de soños e imaxinacións. É a representación de que moitas cousas diferentes poden integrar un todo, coa capacidade de iluminar o ceo e os nosos ollos cando os diriximos cara a el. É por isto polo que o arco da vella representa a diversidade, o bonito da diferenza integrada nunha construción visual composta de sete cores.

Non sempre temos a oportunidade de que o arco da vella se mostre ante os nosos ollos, pero cando o fai, brillando con todo o seu esplendor, lembramos que sempre estivo aí. O mesmo acontece coa diversidade que representa. Non sempre foi visible, pero sempre estivo con nós, agochada e disposta a ser sen medo despois da treboada.

Nesta exposición propoñémosche facer un percorrido polo noso propio arco da vella en Galicia. Viaxaremos polo pasado e polo presente a bordo dalgunhas ideas e conceptos que deron forma á defensa dos dereitos e liberdades das persoas que non se axustaron á norma sexual e de xénero, aos estereotipos e aos valores sociais que nos precederon. Apúntate connosco, quizais descubras que aínda queda moito camiño por andar.
Ficha técnica
Exposición.
Sen cancelas
SEN CANCELAS
Memorias do Arco da Vella en Galicia
Data
IES Rosalía de Castro. Santiago. 13-30 de xuño
Comisariado
Daniela Ferrández
Enrique Latorre
Colabora
Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade
Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Lugar

IES Rosalia de Castro
Rúa de San Clemente s/n15705
Santiago de Compostela

Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205