O novo concepto de patrimonio documental: memoria, valor e conservación

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

O novo concepto de patrimonio documental: memoria, valor e conservación

Encontros monográficos co patrimonio cultural 37

Encontro. 14 de xuño de 2022
Información
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

O novo concepto de patrimonio documental: memoria, valor e conservación

Encontros monográficos co patrimonio cultural 37

Encontro. 14 de xuño de 2022
Segundo a Lei de patrimonio cultural de Galicia e a Lei de patrimonio histórico español, os documentos forman parte dese patrimonio se os produce ou os reúne unha administración pública e, cando se trata de documentos de orixe privada, se teñen unha antigüidade determinada. Pero quizais esas definicións comezan a quedar limitadas porque necesitamos conservar datos e documentos intanxibles estruturados en bits ou dar resposta á demanda de introducir cambios para que os centros da memoria participen na conservación/xestión dunha memoria non discriminatoria en razón de sexo, raza ou orixe rural. É o momento de comezar a reflexionar se debemos introducir lecturas críticas no camiño dunha concepción máis axustada á realidade, que valore algo máis que a singularidade, a orixe pública ou a antigüidade, e que concrete, clarifique e estenda ese concepto indeterminado do “valor cultural” outorgado aos documentos que debemos ou non debemos conservar.

Pensar sobre como serán os arquivos que se deberán conservar, como se construirá o patrimonio documental ou como ese patrimonio se vinculará a outros é obrigado neste tempo de mudanzas no que a profesión está a debater cal é o obxecto e fin do seu traballo: tratar documentos electrónicos, datos, documentos que se crean en contornas que estiveron fóra dos arquivos convencionais: movementos feministas, documentos do íntimo, álbums, cartas persoais, testemuños orais...?

Cuestionar a formación da memoria, por que conservamos, para que e para quen, tamén sobre o que perderemos polo camiño deben ser eixes deste debate.

Para atopar respostas será substancial repensar o concepto de valor de cada un dos fins dos arquivos e o de patrimonio documental e tamén redefinir as tarefas das e dos arquivistas que deben ocuparse do futuro, nunha sociedade con coñecementos do seu pasado, dedicada ao presente e consciente do seu porvir.
Ficha técnica
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
O novo concepto de patrimonio documental: memoria, valor e conservación
Encontros monográficos co patrimonio cultural 37
Data
14 de xuño de 2022
Coordinación
Olimpia López Rodríguez
Relator/a
Luis Martínez García
Dolores Pereira Oliveira
Fátima Rodríguez Coya
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205