Fragmentos da comunidade: O exilio galego de posguerra en Norteamérica

Presentación en liña.

Fragmentos da comunidade: O exilio galego de posguerra en Norteamérica

En liña - 19 de maio de 2022
Presentación en liña
O Consello da Cultura Galega e o Observatorio de la Lengua Española y las Culturas Hispánicas en los Estados Unidos do Instituto Cervantes, organizan esta sesión que trazará as rutas que varios intelectuais galegos se viron obrigados a seguir ao deixar España entre 1936 e 1939, mostrando a imbricación de pensamento, acción e vida na súa obra. Os seus traballos académicos e intelectuais foron un esforzo por reconstruír un relato comunitario e por articular un espazo político, e neles percíbese a memoria da cultura republicana e a experiencia da guerra. Analizaranse as figuras de intelectuais como José Rubia Barcia, Ernesto Guerra da Cal, Emilio González López ou Ramón Martínez López e de artistas como Eugenio Fernández Granell. Despois da Guerra Civil española, moitos deles incorporáronse a universidades americanas pero, aínda que compartían formación política e experiencia histórica, as súas carreiras profesionais foron diferentes. Intentarase reconstruír os seus contextos intelectuais, prestando especial atención ás tensións e loitas discursivas que estruturan o campo cultural dos exilios galego e español.

Participarán Alejandro Alonso Nogueira, associate professor de Literatura Contemporánea na City University of New York, e José Losada-Montero, associate professor e director do Programa de Español en Southwest Minnesota State University.

Confirmar en: https://bit.ly/RSVP-Observatorio o info-observatory@fas.harvard.edu
(1:30pm-3:00pm Boston / 19:30-21:00 horas Galicia)
ASISTENCIA
Confirmar en: https://bit.ly/RSVP-Observatorio o info-observatory@fas.harvard.edu
(1:30pm-3:00pm Boston / 19:30-21:00 horas Galicia)
LUGAR
Emisión en liña por Zoom.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Presentación en liña.
Fragmentos da comunidade: O exilio galego de posguerra en Norteamérica
Cando
En liña - 19 de maio de 2022
Enderezo

Emisión en liña por Zoom.

Participante
Alejandro Alonso Nogueira
José A. Losada-Montero
Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Observatorio de la Lengua Española y las Culturas Hispánicas en los Estados Unidos