Pensarmos
Javier Vilanova
Filosofía de sentido común. É vostede normal? Normalidades e disidencias na pospandemia
Xoves, 19 de maio de 2022 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
Xoves, 19 de maio de 2022
18:00 horas
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ciclo Pensarmos
Javier Vilanova
Filosofía de sentido común. É vostede normal? Normalidades e disidencias na pospandemia
Xoves, 19 de maio de 2022 ás 18:00 horas
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
Carme Adán, coordinadora da Sección de Pensamento do CCG
18:15 horas
Filosofía de sentido común
Javier Vilanova dialoga con Nieves Herrero
Javier Vilanova
Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1996 coa tese “Similaridad intermundana y lógica condicional”. En 1997 trasládase ao Departamento de Lóxica e Filosofía da Ciencia da Universidad Complutense de Madrid, onde desenvolve a súa actividade docente e investigadora, con estadías de investigación na Universidade de Lodz, o Instituto de Investigacións Filosóficas da UNAM de México, a Universidade de Stanford, a Universidade de Tucumáne, en 2017, o CRRAR da Universidade de Windsor. Traballou en temas de Lóxica (lóxica modal, condicional…), Filosofía da Lóxica (status do coñecemento lóxico, teoría de definicións implícitas…), Filosofía da Linguaxe (analiticidade, pragmática…), Teoría da Argumentación (circularidade argumental, xustificación argumentativa…), Filosofía da Filosofía (filosofía e sentido común, metodoloxía filosófica…) e Historia da Filosofía (Moore, Austin, Wittgenstein…). Publicou tres libros —o último, Filosofía de sentido común, en 2021 en Escolar Editor— e máis de 50 artigos e capítulos de libros en revistas e editoriais internacionais. Na actualidade a súaprincipal preocupación concéntranse na práctica dunha “filosofía para todos”, que se abra a un público máis amplo que o puramente académico sen perder profundidade nin rigor. https://ucm.academia.edu/
JavierVilanovaArias
Nieves Herrero
Doutora en Filosofía e profesora titular de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. Imparte docencia de materias desta especialidade nas titulacións da Facultade de Filosofía. Desde un primeiro interese pola transformación do medio rural en Galicia, o seu traballo orientouse cara ao estudo da conversión actual en patrimonio de moitas das súas expresións culturais características. Veu dedicando especial atención á recuperación do Camiño de Santiago que analizou en diversas dimensións. Coeditou, xunto con S. Roseman a obra titulada Imaginary and Pilgrimage to the Edges of the World (Chanel View Publications, 2015) na que se compara o papel do imaxinario da fin do mundo na promoción turística de diversas fisterras de Europa e América, sendo autora do capítulo dedicado a Galicia (“Galicia´s Finisterre and the Coast of Death”).
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.