Novas voces, éxitos eternos

Ciclo. Literarias Todas

Novas voces, éxitos eternos

Os premios nacionais levan nome de muller (I)

24 de maio de 2022 ás 17:30 horas
Santiago de Compostela
Ciclo
Literarias Todas

Novas voces, éxitos eternos

Os premios nacionais levan nome de muller (I)

24 de maio de 2022 ás 17:30 horas Santiago de Compostela
A literatura galega experimentou, por volta do cambio de século, unha serie de mudanzas, tanto no nivel estético coma no profesional, vinculadas, en boa medida, coa chegada dun importante número de mulleres aos espazos de visibilidade.

Fenómenos como a renovación estética, a diversificación das estratexias de procura de públicos, a internacionalización dos mercados e as novas formas de edición non só teñen lugar no nivel sistémico, senón que tamén poden ser analizados con perspectiva de xénero, amosando deste xeito un interesante punto de vista para a análise da posición das mulleres no campo cultural galego.

Co ciclo Literarias Todas, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega desexa abrir un espazo de reflexión a tres bandas, entre escritoras, outras axentes do espazo literario galego e público lector, co fin de pulsar a realidade da literatura feita por mulleres en Galicia e os retos que se presentan neste eido para o futuro inmediato.

Inauguramos o ciclo Literarias Todas cunha das cuestións adoito debatidas arredor da posición das escritoras no sistema literario: a súa relación cos procesos de visibilización e canonización. O asunto desenvolverase ao longo de dous coloquios coas mulleres recoñecidas, en distintas categorías, dos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura.

Presentamos aquí o primeiro deles, no que as convidadas nos levarán a falar de poesía e ensaio, da presenza ou ausencia das mulleres poetas no espazo literario, do concepto de éxito e da importancia das mulleres no xénero inaugural da literatura galega.
Ficha técnica
Ciclo.
Literarias Todas
Novas voces, éxitos eternos
Os premios nacionais levan nome de muller (I)
Data
24 de maio de 2022 ás 17:30 horas
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Inmaculada López Silva
Participante
Alba Cid
María Xesús Lama López
Olga Novo
Dolores Vilavedra
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Consello da Cultura Galega