Laxeiro

Ciclo. Revisando a nosa arte

Laxeiro

Mércores, 27 de abril de 2022
Santiago de Compostela
Ciclo
Revisando a nosa arte

Laxeiro

Mércores, 27 de abril de 2022 Santiago de Compostela
Continuamos co ciclo “Revisando a nosa arte”, organizado pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, cunha nova xornada centrada noutro dos renovadores da pintura galega do século XX: José Otero Abeledo, Laxeiro, a quen este ano se lle dedica o Día das Artes Galegas. Javier Buján, Cecilia Doporto e Antón Castro falarán desta figura decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século pasado, cuxa obra, moderna e renovadora, estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.
Nado en Lalín (1908), emigra coa súa familia para Cuba en 1921. Retorna a Lalín en 1925, onde o traballo de barbeiro lle permitirá debuxar sen descanso todo tipo de personaxes populares, profundando no xénero do retrato. En 1931 trasládase a Madrid e matricúlase como alumno libre na Real Academia de Belas Artes de San Fernando grazas a unha bolsa do Concello de Lalín e outra da Deputación de Pontevedra. Esta estadía madrileña sería breve, até 1933, pero deulle a oportunidade de asistir frecuentemente ao faladoiro da Granja del Henar e estar en contacto con outros artistas como Lugrís, Souto, Colmeiro e Torres ou con intelectuais da importancia de Dieste, Risco, Otero Pedrayo e Valle-Inclán. Ao seu regreso a Galicia realiza a súa primeira exposición individual na Facultade de Filosofía e Letras en Compostela e inaugura unha etapa de grande actividade artística que se ve interrompida polo estalido da Guerra Civil. Chamado a filas, entre 1937 e 1939 estivo na fronte de Asturias, onde trabou unha profunda amizade co poeta Celso Emilio Ferreiro. En 1940 establécese en Pontevedra como profesor de Debuxo, onde pinta o mural El manantial de la vida no Café Moderno. Pasa logo uns anos en Vigo e en 1951 viaxa a Bos Aires para participar na exposición Artistas galegos onde fica vinte anos. Esta etapa marca un cambio importante na súa vida e na súa obra. Leva entón unha vida moi activa ao carón de pintores e escritores como Dieste, Lorenzo Varela, Maruja Mallo, Colmeiro, Seoane ou Arturo Cuadrado e integrarse nos círculos artísticos arxentinos. En 1970, despois dunha gran retrospectiva na Art Gallery International de Bos Aires, regresa a España. Na súa volta á península reparte o seu tempo entre Madrid, Vigo e Lalín. Os actos de recoñecemento sucédense mentres continúa realizando exposicións e protagonizando algunhas importantes como a mostra antolóxica na VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra, Laxeiro en Argentina (1952- 1970) no Kiosko Alfonso da Coruña ou Érase unha vez Laxeiro, que lle dedicou o Colectivo Atlántica en 1981, despois da cal doa moitas das súas obras á cidade de Vigo, no que sería o xermolo da actual Fundación Laxeiro. En 1996 dedícaselle unha gran retrospectiva no CGAC, pouco antes do seu pasamento en Vigo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Ciclo.
Revisando a nosa arte
Laxeiro
Cando
Mércores, 27 de abril de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Carmen Díaz Cacheda
Relator/a
Antón Castro
Cecilia Doporto Regueira
Javier Pérez Buján
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Obra de Manuel Quintana Martelo sobre unha fotografía de Manuel Rúa