BETANZOS

Xornada. Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila

BETANZOS

Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila

Venres, 29 de abril de 2022
Betanzos
Xornada
Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila

BETANZOS

Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila

Venres, 29 de abril de 2022 Betanzos
Desde o Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), estamos a promover a conservación do patrimonio sonoro de Galicia presentando o Mapa Sonoro de Galicia, que é a ferramenta onde queremos que teñan representación as vilas e bisbarras do país coa súa propia identidade sonora.

O Mapa Sonoro de Galicia (mapasonoro.consellodacultura.gal) nace co obxectivo de ofrecer unha perspectiva xeográfica a coleccións sonoras xa custodiadas pola institución ou por outras entidades e particulares. Está especializado en coleccións de recollida antropolóxica, etnográfica, lingüística ou de sons da natureza, ambiente ou de actividade humana.

O Mapa Sonoro parte de máis de 800 documentos sonoros distribuídos por todo o país, espallados en coleccións sonoras moi diversas en tipoloxía e distribución xeográfica: A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade recolle lendas, contos populares e gravacións dos nosos maiores. A nosa fala permite coñecer e diferenciar as variedades dialectais da lingua galega. Auga doce: viaxe sonora polo río Miño acolle os sons do gran río de Galicia, desde o paso natural do río ata as accións humanas vinculadas a el. Sons da terra permite escoitar sons da natureza pero tamén de oficios xa desaparecidos, e o Cancioneiro antropolóxico recolle os cantares e a tradición musical das montañas do Lor e as terras de Quiroga, en Lugo.

Trátase de ofrecer esta ferramenta á cidadanía para que poida incorporar aqueles materiais sonoros que forman parte da identidade sonora das súas vilas, para así preservar a nosa memoria.
Ficha técnica
Xornada.
Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila
BETANZOS
Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila
Data
Venres, 29 de abril de 2022
Lugar

Sala Azul do edificio Arquivo (antes Liceo)
Praza de Galicia, s/n
15300 Betanzos (A Coruña)

Coordinación
Xosé Ramón Pousa
Colabora
Concello de Betanzos
Organiza
Consello da Cultura Galega

Vector de fondo creado por GarryKillian - www.freepik.es