Políticas culturais municipais, 40 anos despois

Políticas culturais municipais, 40 anos despois

Xornada. Venres, 22 de abril de 2022
Información

Políticas culturais municipais, 40 anos despois

Xornada. Venres, 22 de abril de 2022
Os concellos son unha ferramenta indispensable para o artellamento das políticas culturais en Galicia. A cultura de proximidade, a democratización cultural a través dos equipamentos municipais e o traballo coa cultura cidadá, de gran tradición no noso país, son elementos fundamentais para a evolución cultural do territorio que habitamos.

Porén, as políticas municipais teñen tantas formas como concellos hai na nosa xeografía. Existe unha carencia histórica de planificación estratéxica, avaliación e actualización da acción municipal en función de criterios obxectivos que transcendan a inercia e as urxencias coas que se atopan as persoas traballadoras do eido local e as concelleiras e concelleiros que os dirixen.

É por isto que, lembrando liñas de traballo históricas como o proxecto Interea da Deputación da Coruña ou Cultura e concellos do Consello da Cultura Galega, ofrecemos unha parada para a reflexión-acción en canto ás políticas culturais de proximidade nas que traballamos. Propoñemos unha xornada de traballo especialmente orientada a técnicos e técnicas municipais e responsables políticos dos concellos galegos que nos sirva de refresco, inspiración e formación para o traballo en cultura hoxe en día, de como orientalo cara ao futuro inmediato, necesariamente marcado pola axenda 2030, e os criterios de sustentabilidade cultural nos que o CCG leva traballando nos últimos dous anos desde a súa Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais.
Ficha técnica
Xornada.
Políticas culturais municipais, 40 anos despois
Data
Venres, 22 de abril de 2022
Coordinación
Alberto García
Presenta
Sergio Lago
Dolores Vilavedra
Relator/a
Luís Bará Torres
Encarna Lago
Claudia Leite
Carlos Lorenzo
Héctor M. Pose
Xosé Regueira
Organiza
Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais (CCG)
Consello da Cultura Galega
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205