Axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura

Xornada

Axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura

Oportunidades da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

Martes, 8 marzo de 2022
Santiago de Compostela
Xornada
Xornada

Axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura

Oportunidades da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

Martes, 8 marzo de 2022 Santiago de Compostela
Cúmprese agora o primeiro aniversario da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, unha ferramenta imprescindible para reforzar a proxección da nosa cultura no mundo. Mesmamente, na súa disposición adicional primeira, subliña a consideración do Consello da Cultura Galega como suxeito cualificado da acción exterior de Galicia na defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

Desta maneira, o Consello queda expresamente habilitado non só para asesorar as entidades públicas galegas neste ámbito senón para subscribir acordos internacionais con entidades públicas que teñan obxectivos análogos, como é o caso da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, mantendo a interlocución técnica precisa con este organismo internacional e coas entidades correspondentes desa comunidade de países ou dos seus Estados membros. Ademais, pode desenvolver a súa propia acción exterior consonte a Estratexia galega de acción exterior (Egaex), tendo en conta a transterritorialidade do pobo galego e dándolles proxección ao patrimonio cultural fóra do territorio galego, á nosa lingua e á nosa cultura, competencias xa previstas na Lei 8/1983, do 8 de xullo, de creación do Consello da Cultura Galega.

Neste contexto, o Consello estima relevante divulgar o contido da Lei 10/2021 e fomentar un diálogo sobre a súa transcendencia entre os axentes culturais do país, presumindo que lles ha permitir unha acción exterior máis rica e institucionalizada. De acordo con este obxectivo, convidou como relatores a especialistas en Dereito Internacional Público das tres universidades galegas e a expertos das industrias culturais con experiencia na cooperación transnacional.

Con esta iniciativa, o Consello da Cultura Galega, de xeito cooperativo coa Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quere estimular o debate sobre a internacionalización da nosa cultura nun espazo globalizado, onde o intercambio de ideas e produtos culturais é cada vez maior e máis intenso.
Ficha técnica
Xornada.
Axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura
Oportunidades da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia
Data
Martes, 8 marzo de 2022
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
José Manuel Blanco González
Emilia García López
Modera
Emilia García López
Xosé Lago García
Eva Lorenzo Queiro
Participante
José Manuel Blanco González
Alfonso Blanco «Fosco»
Gabriela Oanta
Mª Teresa Ponte Iglesias
Belen Sánchez Ramos
Presenta
Rosario Álvarez
Alfonso Rueda
Organiza
Comisión Técnica de Relacións Institucionais e Acción Exterior (CCG)
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea