Xornada Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila
FRIOL
Mapa Sonoro de Galicia: vila a vila
Venres, 18 de febreiro de 2022
Friol (Lugo)
19:00 horas
Presentación da xornada
19:15 horas
O ASG E O MAPA SONORO DE GALICIA: VILA A VILA
Xosé Ramón Pousa, director do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega
“MAPA SONORO DE GALICIA: VILA A VILA” é, polo tanto, un ciclo de xornadas deseñadas para plasmar a identidade sonora das principais vilas de Galicia que se iniciou no mes de setembro de 2021 en Ribadavia e que se levará a cabo ao longo do ano 2022.
O formato que se presenta é moi sinxelo. Consiste nunha xornada de pouco máis dunha hora de duración na que se expón a importancia do son como valor cultural e a necesidade de conservar os sons do presente para xeracións futuras, así como o labor que leva a cabo o ASG, especialmente a través do Mapa Sonoro de Galicia.
Na mesma sesión, as persoas asistentes determinarán as voces e os sons (naturais ou artificiais) que consideran máis representativos da vila que se visita e a súa área de influencia, planificando a gravación deles. No acto explicaranse a dinámica e a técnica de realización das gravacións, que, na súa maior parte, serán efectuadas cos teléfonos móbiles das persoas participantes, as cales terán unha semana de prazo para proceder á súa realización e á subida dos sons ao Mapa Sonoro de Galicia, onde quedarán, en aberto, a disposición do público.
LUGAR
Centro Sociocultural
Rúa Deputación, 18
27220 Friol (Lugo)
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Prazas limitadas.
Podes inscribirte enviando os teus datos ao correo cultura@concellodefriol.es ou de forma presencial nas oficinas do Concello de Friol.