O idadismo, discriminación por mor da idade

Xornada.

O idadismo, discriminación por mor da idade

Martes, 8 de febreiro de 2022
O Carballiño
Xornada

O idadismo, discriminación por mor da idade

Martes, 8 de febreiro de 2022 O Carballiño
Na nosa sociedade discútese cando unha persoa se pode considerar madura ou maior, cal debe ser o alcance das políticas de envellecemento activo ou sobre a lexitimidade das xubilacións forzosas. Estas polémicas teñen reflexo nas normas xurídicas e interpretacións xudiciais como as que determinan que a tutela non sexa equiparable a outras causas de discriminación, pois conciben as medidas de apio das persoas maiores desde a perspectiva do seu mellor interese, e non necesariamente desde a súa vontade, desexos e preferencias.

Os prexuízos socioculturais asociados a certas idades asúmense como normais, coa conseguinte invisiblidade de situacións derivadas, entre as que hai que destacar a xurídica xa que a idade non se viu recoñecida como causa de discriminación até hai moi pouco.

Daquela, a idade semella ser a causa de discriminación máis degradada por mor das súas excepcións, ou a irmá pobre de todas as causas de discriminación e a que recibe, xa que logo, unha menor protección. Os estereotipos son a porta de entrada do estigma, do etiquetado e da conduta discriminatoria a respecto das persoas maiores.

Perante as condutas idadistas, debemos recuperar o enfoque de dereitos humanos que se atopa nos alicerces dos Principios das Nacións Unidas a prol das persoas de idade, de 1991, que proclaman "un trato respectuoso e digno, inherente ao ser humano, para con todas as persoas maiores" e abordan, como cuestións centrais "a independencia, a participación, os coidados, a auto realización e a dignidade". No caso doutros xeitos de discriminación como a raza, o sexo ou a discapacidade, chegouse a acordos de ámbito universal, mais trinta anos despois, estes principios seguen sen ser obxecto dun convenio global, mesmo que serviran de inspiración ás lexislacións internas de varios países.

Dentro do convenio de colaboración asinado pola Valedoría do Pobo e o Consello da Cultura Galega consideramos necesario abordar as novas circunstancias xeradas polo fenómeno do idadismo sobre un proceso natural: o avellentamento, para que sexa digno e saudable.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Podes realizar a túa inscrición en: www.consellodacultura.gal
LUGAR
Auditorio Municipal Manuel María
Avda. do Balneario, s/n.
O Carballiño


MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
O idadismo, discriminación por mor da idade
Cando
Martes, 8 de febreiro de 2022
Onde
O Carballiño
Enderezo

Auditorio Municipal Manuel María
Avda. do Balneario, s/n.
O Carballiño


Coordinación
Rosa Arcos Caamaño
María Xosé Porteiro García
Inauguración
Rosario Álvarez
Dolores Fernández
Francisco Fumega
Participante
Federico Armenteros
Jaime Cabeza Pereiro
Xaime Fandiño
Dolores Fernández
Andrés Vázquez García
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Valedora do Pobo
Valedora do Pobo
Colabora
Concello do Carballiño
Concello do Carballiño

Fotografía da portada: David Gil Porteiro