O coleccionismo privado da arte como soporte da cultura

Xornada.

O coleccionismo privado da arte como soporte da cultura

Mércores, 26 de xaneiro de 2022
Santiago de Compostela
Xornada

O coleccionismo privado da arte como soporte da cultura

Mércores, 26 de xaneiro de 2022 Santiago de Compostela
Un dos obxectivos principais da Sección céntrase na análise das diferentes áreas que compoñen a creación contemporánea. Despois de analizar, entre outras cuestións, os centros de arte e de ensino, o deseño, a exposición ou a moda, esta xornada pretende reflexionar sobre o ámbito do coleccionismo privado en España na actualidade. Para iso contaremos coa participación de tres destacados profesionais do sector.

Carmen de la Guerra realizará unha presentación baseada no seu traballo de investigación “Tipología de Coleccionismo Privado de Arte Contemporáneo en España 1977-2017. Perfiles de Coleccionistas”, propoñendo un percorrido por diferentes coleccións privadas. Esta investigación realiza unha cartografía do coleccionismo privado de arte contemporánea en España nos últimos corenta anos, un estudo que ofrece resposta ás seguintes cuestións: quen colecciona, como se colecciona, por que se colecciona, que obxectivos e futuro teñen esas colecciones e que contido e discurso artístico hai nelas. “Perfiles de Coleccionistas” conforma a armazón principal do estudo. En canto ás coleccións que se presentan como foco de estudo, categorízanse en fundacionais, bancarias, empresariais e particulares.

Manuel Haro Ramos presentará as achegas do sistema financeiro español —caixas de aforros, bancos, banca pública e compañías aseguradoras— á cultura e á arte a través das súas fundacións e obras sociais. Estas institucións forman parte do denominado “terceiro sector”. Actuaron como “novos mecenas” e foron un reflexo dunha boa práctica de colaboración entre o público e o privado, unha forma de unir esforzos. Naceron, na súa maioría, na década dos 80 do s. XX e desenvolvéronse ata a crise de 2008. Na práctica do día a día, estas fundacións e obras sociais realizaron, entre outras, accións de mecenado, coa constitución das súas coleccións de arte, e de patrocinio, como as exposicións temporais, que contribuíron e contribúen a achegar a cultura a unha gran maioría da cidadanía, axudando tanto a educar o gusto dos diferentes públicos como a romper barreiras para acercar a cultura á sociedade.

Pechará o programa a intervención de Luis Trigo, dando resposta ás seguintes cuestións vinculadas co coleccionismo privado: obxectivos e retos con relación á conservación do patrimonio artístico; obxectivos e retos verbo do dereito de todos ao acceso ao coñecemento do patrimonio artístico; obxectivos e retos no que atinxe á creación artística e ao impulso do mercado da arte; intervención pública e privada, importancia do coleccionismo privado e a súa interacción coas coleccións públicas; políticas de fomento da participación privada na atención de intereses xerais con relación á arte; marco da normativa de reguladora do mecenado estatal e autonómico, con especial referencia ao marco fiscal; propostas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
O coleccionismo privado da arte como soporte da cultura
Cando
Mércores, 26 de xaneiro de 2022
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Manuel Quintana Martelo
Relator/a
Carmen de la Guerra
Manuel Haro Ramos
Luís Trigo
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)

Imaxe da portada: Manuel Quintana Martelo