Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Exposición. Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Abeiro do Sor (Antigo escolar da Unión Mañonesa) do 5 ao 15 de decembro de 2021
Mañón, A Coruña
Exposición
Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Abeiro do Sor (Antigo escolar da Unión Mañonesa) do 5 ao 15 de decembro de 2021 Mañón, A Coruña

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atenciónás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegase, tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.

LUGAR
Abeiro do Sor (Antigo escolar da Unión Mañonesa)
15339 Mañón, A Coruña.

Publicación
Luces de Alén Mar
Luces de Alén Mar As escolas de americanos en Galicia. Edición revisada e ampliada
Carolina García Borrazás, Documentación. María Teresa García Domínguez, Documentación. Vicente Peña, Comisariado. | 2013
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 28/6/2012
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica 
Exposición.
Luces de alén mar
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Cando
Abeiro do Sor (Antigo escolar da Unión Mañonesa) do 5 ao 15 de decembro de 2021
Onde
Mañón, A Coruña
Enderezo

Abeiro do Sor (Antigo escolar da Unión Mañonesa)
15339 Mañón, A Coruña.

Organiza
Acción exterior do Consello da Cultura Galega
Colabora
Arquivo da Emigración Galega (CCG)