Consumo e sostibilidade

Xornada.

Consumo e sostibilidade

Os desafíos do transporte e a industria da moda

1 de decembro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Consumo e sostibilidade

Os desafíos do transporte e a industria da moda

1 de decembro de 2021 Santiago de Compostela
O progreso económico das últimas décadas está a deixar unha pegada de graves consecuencias ambientais que ameaza non só o propio medio natural, senón tamén a viabilidade do sistema de consumo de masas creado no século XX. Un dos obxectivos do desenvolvemento sostible fixados pola Organización das Nacións Unidas é precisamente garantir modalidades de consumo e produción sostibles, baseadas en novas fórmulas que revertan as tendencias actuais e muden os patróns de consumo. O desafío é, en definitiva, camiñar cara a un modelo en que o avance deixe de ser sinónimo de degradación do medio natural e sexa capaz de estender o benestar con equidade a toda a poboación mundial.

A Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade dedicará unha serie de sesións a este gran reto do s. XXI que é facer compatibles o consumo e a preservación ambiental. A primeira delas terá lugar o 1 de decembro cun programa que porá o foco en dous eixes: o sector do transporte, tanto no que atinxe á mobilidade de proximidade como ao transporte internacional; e a industria téxtil.

O bloque dedicado ao transporte contará con dous relatorios, a cargo de Miguel Pazos Outón, profesor de Xeografía e director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela e Antonio Lucio, profesor da EOI sobre mobilidade e estratexias urbanas e ex director da Fundación Movilidad do Concello de Madrid.

O programa continuará coas reflexións dende a industria da moda de Violeta Bouzada, profesora externa do Grao de Xestión Industrial da Moda da Universidade da Coruña e membro do colectivo Fento Moda Sustentable Galega, e Tatiana Suárez, directora corporativa de Talento e Cultura de Adolfo Domínguez
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Consumo e sostibilidade
Os desafíos do transporte e a industria da moda
Cando
1 de decembro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Iolanda Casal
María Loureiro
Inauguración
Rosario Álvarez
Iolanda Casal
Relator/a
Violeta Bouzada
Antonio Lucio
Miguel Pazos
Tatiana Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (CCG)