Charo Pita conta contos por teléfono

Presentación.

Charo Pita conta contos por teléfono

Xela en Sarria

Casa da Cultura de Sarria. Xoves, 7 de outubro de 2021 ás 10:00 horas
Sarria
Presentación

Charo Pita conta contos por teléfono

Xela en Sarria

Casa da Cultura de Sarria. Xoves, 7 de outubro de 2021 ás 10:00 horas Sarria
Xela Arias, a quen dedicamos o Día das Letras Galegas 2021, non foi só unha excelente creadora senón que exerceu un importante labor de editora e tradutora. O Consello da Cultura Galega reivindica esta faceta literaria coa edición dalgúns dos contos ao teléfono de Gianni Rodari que foron traducidos no seu día por Xela Arias para a editorial Juventud. Facémolo dende a actualidade, tal e como lle gustaría a Xela, cunha presentación en formato radiofónico na voz dunha das narradoras orais máis queridas polas nenas e nenos, Charo Pita. O web do Consello da Cultura Galega acollerá un especial coa escolma dunha ducia de contos en formato podcast que poderán ser gozados nas casas e escolas de todo o país. Para dalos a coñecer, Charo Pita ofrece ao alumnado de Sarria en primicia o espectáculo Xela en Sarria: Charo Pita conta contos por teléfono.

Cando Xela Arias soubo dos contos por teléfono que o contable Bianchi de Varese contaba á súa filla sempre que estaba de viaxe, quedou tan fascinada que decidiu facer unha tradución desas historias ao galego. Foi así como Xela Arias e o pedagogo e escritor Gianni Rodari, autor de Contos por Teléfono, quedaron unidos para sempre. As historias que aparecen nese libro e que ides escoitar en boca de Charo Pita son estrañas, divertidas, revolucionariamente loucas; ás veces reveladoras, outras surrealistas, sempre sorprendentes e estupendas. Para Rodari, tamén para Xela, o mundo está cheo posibilidades fermosas e infinitas. Só hai que escoitalo coa imaxinación aberta, a orella curiosa, o sorriso nos labios... Porque, como eles dous ben saben, cada vez que se conta unha historia, mesmo por teléfono, estase dando un abrazo, un abrazo máis amplo ca o horizonte, un abrazo onde caben todas as diferenzas.

Relatos como "A guerra das campás", "Paseo dun distraído" ou "O rato dos tebeos" cobrarán vida na voz de Charo Pita para provocar sorpresa, risos e medos ante un auditorio infantil no que podería estar, anos hai, a propia nena Xela. Habíalle encantar estoitala!

Ring ring riiiiiiinggggg! O espectáculo chama pola rapazada de Sarria!

LUGAR
Casa da Cultura de Sarria
Temáticas
Ficha técnica 
Presentación.
Charo Pita conta contos por teléfono
Xela en Sarria
Cando
Casa da Cultura de Sarria. Xoves, 7 de outubro de 2021 ás 10:00 horas
Onde
Sarria
Enderezo

Casa da Cultura de Sarria

Organiza
Concello de Sarria
Consello da Cultura Galega